Abrir o menú principal

¿E decímolo ou non decimos? é unha curtametraxe galega de 1985, dirixida por Manuel Yáñez Castro e baseada nun relato de Ánxel Fole.

¿E decímolo ou non decimos?
Ficha técnica
DirectorManuel Yáñez Castro
ProdutorAlfonso Sola
GuiónManuel Yáñez Castro
IntérpretesJuan Cuenca, Juan Catuira, José Eirín, Carlos Mourón
FotografíaManuel Yáñez Castro
MontaxeIván Aledo e María Esther Plata
Estrea1985
Duración8' 20"
OrixeGalicia Galicia
XéneroComedia
Orzamento6.010 € (1.000.000 ptas.)

Índice

TramaEditar

Dous amigos dinlle a Xusto que é gafe porque así o estipulou a providencia, pois naceu o martes 13 do mes da sega de 1913, ano en que o rei Afonso XIII sufriu un atentado. O día do seu aniversario, gástanlle unha brincadeira acusándoo da morte do "Vampiro", cun revólver.

CaracterísticasEditar

Foi rodada en 35 mm, na zona vella de Pontevedra. Contou cunha subvención da dirección xeral de cultura da Xunta de Galicia. Está baseada no relato de Ánxel Fole "¿E decímolo ou non-o decimos?", escrito en 1972 e incluído no libro Historias que ninguén cre (1981).

Equipo técnicoEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar