Javier Paz

empresario e expiloto galego

Francisco Javier Paz Carbajales, nado no Carballiño, é un empresario e expiloto de rallys galego.

Infotaula de personaJavier Paz
Biografía
NacementoO Carballiño Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , piloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata

Logrou oito vitorias no Campionato de Galicia de Rally nos anos 90.

Traxectoria editar

Traxectoria deportiva editar

En 1992 logrou subir ao podio do Rally Rías Baixas en terceira posición e ao ano seguinte quedou segundo no Rally do Lacón. Na tempada 1996, cun Ford Escort RS Cosworth e con Moncho Seoane como copiloto, conseguiu a súa primeira vitoria, no Rally do Albariño. Ese mesmo ano gañou outros tres rallys (Lacón, Lalín e Porriño), pero non foi suficiente para gañar o título de campión, que acabou nas mans de Germán Castrillón. Na tempada seguinte logrou dúas vitorias (Lacón e Ferrol) e rematou subcampión por detrás de Javier Piñeiro. En 1998 gañou o Rally do Cocido, así como o 32º Rally do Lacón, a súa última vitoria.[1]

En 2001 disputou sen moito éxito o Campionato de España de Rallys cun Renault Clio. En 2006 volveu competir, tras varios anos sen facelo, e disputou numerosos rallys durante os seguintes anos, tanto do Campionato de Galicia, como do Campionato de España, ademais do Rally de Catalunya (Campionato do Mundo), conseguindo algúns podios nas probas galegas.

Traxectoria empresarial editar

No terreo empresarial adicouse ao sector madeireiro. En 2009 foi acusado dun delito de fraude fiscal ocorrido no ano 2000. Aínda que foi absolto nun primeiro momento, acabou sendo declarado culpable e condenado a un ano de prisión e a pagar 130.865 euros de multa.[2] Aínda que se declarou insolvente, o fiscal do Estado considerou que tal insolvencia non existía e pediu o seu ingreso en prisión en 2011.[3]

Palmarés editar

Resultados no Campionato de Galicia de Rally editar

Ano Copiloto Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Posición Puntos
1991   Manuel García Citroën AX Sport SIL NOI LAC
3
OUR BOT RBX COR VIG SFR RMV
6
FER
4
1992   Manuel García Citroën AX Sport ALB NOI LAC
Ret
FER
3
RBX
3
COR
10
OUR RMV
2
1993   Manuel García Ford Sierra Cosworth ALB
4
NOI LAC
2
FER
2
OUR
11
SFR RBX BOT COR RMV
1994   Manuel García Ford Escort RS Cosworth ALB
2
NOI FER OUR
9
SFR RMV NAR RBX LAC BOT COR
1996   Moncho Seoane Ford Escort RS Cosworth ALB
1
NOI LAC
1
BOT NAR OUR LAL
1
RBX POR
1
FER COR
1997   Moncho Seoane Ford Escort RS Cosworth NOI BOT
3
LAC
1
NAR COC
2
ALB
2
FER
1
1998   Manuel Ferreiro Ford Escort RS Cosworth NOI BOT
Ret
COC
1
NAR ALB FER LAC
1
2006   Moncho Seoane Mitsubishi Lancer Evo VIII COC RDN ALB
3
NAR CON BXL
5
LAC
2
LUG BOT
5

Notas editar

  1. "Javier Paz en ewrc-results.com" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2020. 
  2. Tallón, J. (12 de decembro de 2009). "Condenado por fraude fiscal un empresario carballinés que deberá devolver 130.856 euros". La Región (en castelán). Consultado o 4 de maio de 2020. 
  3. "El fiscal pide que un maderero carballiñés ingrese en prisión". La Región (en castelán). 3 de xuño de 2011. Consultado o 4 de maio de 2020.