Rally de Noia de 1993

proba automobilística

O Rally de Noia de 1993 foi a 10ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 17 de abril de 1993 e o vencedor foi Germán Castrillón.[1]

Rally de Noia de 1993
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Noia
OrganizadorEscudería Berberecho
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Distancia tramos83,6 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
Participantes
Pilotos46
AnteriorRally de Noia de 1992
SeguinteRally de Noia de 1994

Itinerario editar

Constou de 83,6 quilómetros cronometrados, divididos en dez treitos, con dúas pasadas por cinco trazados diferentes: Montemuíño (10,3 km), Treites-Belles (5 km), O Tambre (7,35 km), Lesende (10,95 km) e San Fins (8,2 km).[2]

Resumo editar

O equipo de Germán e Estrella Castrillón colocouse en cabeza dende o primeiro treito e foron os máis rápidos en case todos os demais treitos. Por detrás chegaron Senra e Rial, que pouco puideron facer contra o Escort RS Cosworth dos Castrillón.[1] O rally transcorreu sen incidentes excepto polo choque contra un muro do coche número 9, o Peugeot 205 de Santos, que fixo que unha pedra golpease a unha espectadora que tivo que ser evacuada. Isto provocou que o rally se detivese durante máis de 20 minutos.[3]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo/diferenza
1   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth
2   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI a 25''
3   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport a 1'21''
4   Juan Carlos Táboas   Luis Fernández Citroën AX Sport

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Senra y Rial apenas pudieron presionar a Castrillón en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de abril de 1993. p. 50. 
  2. Arévalo, F. (16 de abril de 1993). "Castrillón es el piloto a batir". La Voz de Galicia (en castelán). p. 52. 
  3. "Victoria de Castrillón en el Rally de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de abril de 1993. p. 56. 


Predecesor:
Rally do Albariño
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1993
Sucesor:
Rally do Lacón