O Rally do Cocido é unha proba de rally que se celebra anualmente nos arredores de Lalín, organizada pola Escudería Lalín Deza dende 1996, e que é puntuable para o Copa de España de Rallys de Asfalto.

Luis Vilariño no XIV Rali do Cocido.

Dende o seu nacemento formou parte do Campionato de Galicia de Rally durante máis de 20 anos, ata que en 2018 entrou a formar parte do Campionato de España de Rallys. Tras dúas edicións, a finais de 2019 a Real Federación Española de Automobilismo anunciou a súa decisión de excluír o Rally do Cocido do calendario nacional para facer sitio ao Rally Cataluña, que foi á súa vez excluído do calendario do Campionato do Mundo.[1] Deste xeito a proba pasou a ser de novo parte do campionato galego.[2]

Os piloto máis laureados do Rally do Cocido son o dumbriés Manuel Senra e o cambrés Iván Ares, con cinco vitorias cada un, seguidos de Bamarti con tres.

Palmarés editar

Ano Edición Piloto Copiloto Automóbil Notas
1996 I Rali de Lalín   Javier Paz   Moncho Seoane Ford Escort RS Cosworth
1997 II Rali do Cocido   Javier Piñeiro   Manuel Ferreiro Renault Clio Maxi
1998 III Rali do Cocido   Javier Paz   Manuel Ferreiro Ford Escort RS Cosworth
1999 IV Rali do Cocido   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Mitsubishi Lancer Evo IV
2000 V Rali do Cocido   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2001 VI Rali do Cocido   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2002 VII Rali do Cocido   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2003 VIII Rali do Cocido   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2004 IX Rali do Cocido   Antonio Villar   Moncho Seoane Peugeot 306 Kit Car
2005 X Rali do Cocido   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Kit Car
2006 XI Rali do Cocido   Bamarti   Manuel Campos Peugeot 306 Kit Car
2007 XII Rali do Cocido   Bamarti   Manuel Campos Peugeot 306 Kit Car
2008 XIV Rali do Cocido   Pedro Burgo   Marcos Burgo Mitsubishi Lancer Evo VIII
2009 XV Rali do Cocido   Bamarti   Manuel Campos Peugeot 306 Kit Car
2010 XVI Rali do Cocido   Alberto Meira   Álvaro Bañobre Mitsubishi Lancer Evo X
2011 XVII Rali do Cocido   Iván Ares   José Antonio Pintor Mitsubishi Lancer Evo VIII
2012 XVIII Rali do Cocido   Alberto Otero   Laura San Emeterio Mitsubishi Lancer Evo IX
2013 XIX Rali do Cocido   Luis Vilariño[3]   Ramón López Mitsubishi Lancer Evo X
2014 XX Rali do Cocido   Iván Ares   Álvaro Bañobre Porsche 911 GT3
2015 XXI Rali do Cocido   Alejandro Pais   Santiago Pais Mitsubishi Lancer Evo X
2016 XXII Rali do Cocido   Iván Ares   Mario González Porsche 997 GT3 RS 3.8
2017 XXIII Rali do Cocido   Víctor Senra   David Vázquez Ford Fiesta R5
2018 XXIV Rali do Cocido   Iván Ares   José Antonio Pintor Hyundai i20 R5 CERA
2019 XXIV+ Rali do Cocido   Iván Ares   David Vázquez Hyundai i20 R5 CERA
2021 XXV Rali do Cocido   Óscar Palacio   Alberto Iglesias Ford Fiesta Rally2 CERA
2022 XXVI Rali do Cocido   Víctor Senra   Jandrín Škoda Fabia Rally2 evo CERA
2023 XXVII Rali do Cocido   Álvaro Muñiz   Néstor Casal Škoda Fabia R5 CERA

Notas editar

  1. "El Cocido regresa al CGR y la E. L. Deza podría organizar un rally del CERT" (en castelán). 6 de novembro de 2019. Consultado o 14 de xaneiro de 2020. 
  2. "Calendario do Campionato de Galicia de Rally 2020" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2020. 
  3. Pablo Villar, Javier Lariño. www.curuxarallye.info, ed. "Rallye do Cocido: Vilariño gana en modo Hirvonen". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2013. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar