Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally

tempada deportiva

A tempada 1992 foi a 14ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o cabanés Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra Cosworth.[1] Foi o segundo dos seis títulos que gañou, todos con Estrella Castrillón como copiloto.

Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally
Liga Campionato de Galicia de Rally
Deporte Rally
Duración 28 de marzo de 1992 - 14 de novembro de 1992
Posicións finais
Campión Galicia Germán Castrillón
Subcampión Galicia Manuel Senra
Tempadas do Campionato de Galicia de Rally
← 1991 1993 →

Calendario editar

Data Rally Notas
1 28 de marzo 1º Rally do Albariño Resultados
2 26 de abril 9º Rally de Noia Resultados
3 13-14 de maio 26º Rally do Lacón Resultados
- 23-24 de maio 7º Rally Botafumeiro Suspendido
4 5 de xuño 23º Rally de Ferrol Resultados
5 9 de agosto 28º Rally Rías Baixas Resultados
6 5 de setembro 10º Rally da Coruña Resultados
- 26-27 de setembro 5º Rally de Vigo Suspendido
7 16-18 de outubro 25º Rally de Ourense Resultados
8 14 de novembro 3º Rally Mil Vistas Resultados

A Escudería Compostela viuse obrigada a cancelar o Rally Botafumeiro, previsto para maio, por falta de financiamento.[2] Tamén se suspendeu o Rally de Vigo, previsto para setembro.

Resumo editar

O campionato foi un man a man entre o Ford Sierra Cosworth de Germán Castrillón e o Peugeot 309 GTI 16v de Manuel Senra, pero un par de abandonos de Senra en Noia e na Coruña e a súa ausencia na penúltima proba, Ourense, déronlle o campionato a Castrillón na proba ourensá, a pesar de que non conseguiu rematar a carreira. Con todo, á última proba do ano, o Rally Mil Vistas de Muros, chegaron con opcións de arrebatarlle o subcampionato a Senra outros catro pilotos: Sergio Vallejo, Javier Piñeiro, Javier Paz e José María Banga.[1] Pero ningún deles puido con Senra, que logrou comodamente a súa terceira vitoria da tempada e o segundo posto final na xeral.[3]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo 1
ALB
2
NOI
3
LAC
4
FER
5
RBX
6
COR
7
OUR
8
RMV
1   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth 2 1 2 1 1 1 Ret
2   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v 1 Ret 1 2 Ret 1
  Sergio Vallejo   Diego Vallejo Peugeot 205 GTI 2 4
  Javier Piñeiro   Carlos Cascallar Lancia Delta Integrale 4 4 2 4 Ret
  Javier Paz   Manuel García Citroën AX Sport Ret 3 3 10 2
  José María Banga   Modesto González Citroën AX Sport 3 5 5
  José María Magdaleno   Mario Labraña Lancia Delta Intégrale 3 5 Ret
  Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport 3 Ret
  Juan Carlos Táboas   Manuel Gilsanz Citroën AX Sport Ret 5 5 3
  Javier Azcona   Gonzalo Chaure Renault Clio 16v 6 8
  Jesús Campos   Faustino Suárez Renault Clio 16v 6 6 Ret
  Roberto Blach   Juan Gómez Peugeot 309 GTI 8v 3
  Ricardo Vidal Peugeot 309 GTI Ret Ret
  Miguel Dopico Peugeot 309 GTI Ret

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (14 de novembro de 1992). "Con el Rally Mil Vistas concluye el campeonato gallego de asfalto". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49. 
  2. "La Escudería Compostela suspende cuatro pruebas previstas para este año". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 1992. p. 54. 
  3. Arévalo, Fernando (15 de novembro de 1992). "Senra puso fin a su mala racha". La Voz de Galicia (en castelán). p. 60. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar