Rally da Coruña de 1993

proba automobilística

O Rally da Coruña de 1993 foi a 11ª edición de dito rally. Foi a última proba da tempada 1993 do Campionato de España de Rallys e a penúltima da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 19 e o 21 de novembro de 1993 e o vencedor foi o catalán Mia Bardolet, que con esta vitoria proclamouse campión de España.[1]

Rally Cidade da Coruña de 1993
CategoríaEspaña España
Galicia Galicia
OrganizadorEscudería La Coruña
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Tramos17
Distancia tramos153.05 km
Gañadores
Piloto campiónEspaña Josep Maria Bardolet
Participantes
Pilotos89
AnteriorRally da Coruña de 1992
SeguinteRally da Coruña de 1994

Itinerario editar

Constou de 153.05 km cronometrados en 17 treitos. Déronse tres pasadas polo treito Carral-Xalo e dous polos demais: Soandres, Rus, Meirama-Quembre, Doroña, Vilouzás, Aranga e A Espenuca.[2]

Resumo editar

Neste rally decidíase o campión de España, título ao que optaban o líder do campionato, Mia Bardolet, e o valenciano Luis Climent. Bardolet foi o máis rápido en 9 dos 13 primeiros treitos, logrando unha gran diferenza sobre Climent, segundo, quen, con todo, marcou o mellor tempo en tres treitos e empatou con Climent no oitavo treito. No 14º treito, a segunda pasada por Doroña, Climent saíuse da estrada, perdendo moito tempo, mentres que Bardolet volveu ser o máis rápido, deixando o campionato sentenciado.[1] Dos tres treitos restantes, Climent marcou o mellor tempo en dous, mentres que no segundo paso por Aranga o máis veloz foi Sergio Vallejo, que rematou a proba en quinto lugar.[3] Tras Bardolet subiron ao podio o asturiano Kiko Cima e o navarro Javier Azcona. Dos principais pilotos do campionato galego, só Arturo Rial acabou conseguir entre os primeiros postos, mentres que abandonaron Germán Castrillón, Manolo Senra e Miguel Dopico.[1]

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1   Josep Maria Bardolet   Joaquín Muntada Opel Astra GSI 16v 1:53:01
2   Kiko Cima   Jacinto Martínez Renault Clio Williams 1:58:15
3   Javier Azcona   Inma Vittorini Renault Clio 16v 1:59:34
4   Miguel Martínez-Conde   Amadeo Aguirre Renault Clio 16v 1:59:49
5   Sergio Vallejo   Diego Vallejo Peugeot 309 GTI 1:59:54
6   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport 1:59:54
7   Juan Carlos Táboas   Luis Fernández González Citroën AX Sport 2:01:23
8   Miguel Fuster   Ángel Candela Renault Clio 16v 2:02:44
9   Alfonso Loza   José Enrique Serrano Renault Clio 16v 2:03:09
10   Jaime Azcona   Julius Billmaier Peugeot 106 XSI 2:03:09
11   Óscar Outeiriño M. Fernández Renault 5 GT Turbo 2:03:24
12   Ricardo Vidal   Juan Carlos Souto Peugeot 309 GTI 2:05:03
13   Ramiro Muñiz   Álvaro Louro Renault Clio 16v 2:05:54
14   Luis Climent   José Antonio Muñoz Opel Astra GSI 16v 2:08:08
15   Juan José López Vidal   José Manuel Abad Renault 5 GT 2:08:19
16   Genitín J. García Renault Clio 16v 2:08:43
17   Pedro Castañón   Miguel Ángel Vilas Citroën AX Sport 2:08:44
18   José Tojo Lens   Rafael Ferreño Peugeot 205 Rallye 2:10:27
19   Alberto Tombo   Manuel Ferreiro Renault Clio 16v 2:12:19
20   Sergio García   José Ramón Andrés Peugeot 205 Rallye 2:12:38
Abandonos
-   Oriol Gómez   Marc Martí Peugeot 306 S16 -
-   Luis Alberto González Renault Clio 16v -
-   Germán Castrillón Ford Escort RS Cosworth -
-   Manuel Senra Peugeot 309 GTI -
-   Roberto Blach Peugeot 309 GTI -
-   Miguel Dopico Ford Escort RS Cosworth -

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Arévalo, Fernando (22 de novembro de 1993). "Bardolet rozó la perfección". La Voz de Galicia (en castelán). p. 65. 
  2. "Treitos". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 
  3. "Tempos por treito". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Rally Botafumeiro
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1993
Sucesor:
Rally Mil Vistas