Final da Copa do Rei de fútbol 2001/02

partido de fútbol

A final da Copa do Rei de fútbol 2001/02 foi a centésima final desde a creación da competición. Tivo lugar o 6 de marzo de 2002 no estadio Santiago Bernabéu, en Madrid, e foi disputada entre o Real Madrid e o Deportivo da Coruña, con arbitraxe de Manuel Mejuto González. O Deportivo levantou o trofeo por segunda vez na súa historia cunha vitoria por 1-2, nun partido que pasou á historia como o Centenariazo, pois ese día cumpríanse cen anos da fundación do Real Madrid.[1][2][3]

Final da Copa do Rei de fútbol 2001/02

Estadio Santiago Bernabéu de Madrid, escenario da final.
Data6 de marzo de 2002
EstadioSantiago Bernabéu, Madrid
Asistencia75.000
ÁrbitroEspaña Mejuto González
TempoDespexado
7 °C

Antecedentes editar

Foi a 35ª final de Copa do Rei para o Real Madrid, que contaba naquel momento con 17 títulos nas súas vitrinas. Facía dez anos dende a súa última presenza nunha final de Copa, a que perdera contra o Atlético de Madrid na campaña 1991/92. Para o Deportivo da Coruña foi a segunda final, sete anos despois da conquista do seu primeiro título contra o Valencia no mesmo estadio, o Santiago Bernabéu. No campionato de liga, o Real Madrid, vixente campión, ocupaba naquel momento a segunda posición, a un punto do líder, o Valencia; mentres que o Deportivo era terceiro.

O Real Madrid chegou á final eliminando polo camiño ao Pájara Playas, a UD Lanzarote, o Nàstic, o Rayo Vallecano e o Athletic de Bilbao. Pola súa banda, o Deportivo derrotou a Marino de Luanco, Cultural Leonesa, L'Hospitalet, Valladolid e Figueres. Por petición do Real Madrid, a RFEF elixiu como sede da final o Estadio Santiago Bernabéu e como data o 6 de marzo, o día no que o club cumpría 100 anos de historia.[4]

A final editar

Resumo do partido editar

O Deportivo saíu cun xogo ofensivo dende o primeiro momento e aos 2 minutos Diego Tristán tivo a primeira ocasión de gol, cun lanzamento dende a beira da área que puxo nun apuro a César.[5] Cando aínda non se cumpriran 6 minutos, chegou o primeiro gol para o equipo galego, obra de Sergio nunha xogada individual na que lle realizou un caneo a Fernando Hierro antes de internarse na área e superar ao porteiro do Real Madrid. Aos 38 minutos o Deportivo anotou o segundo, despois de que Diego Tristán rematase á portería un pase de Valerón.[5] No descanso Vicente del Bosque retirou a Pavón e deu entrada a Solari. O equipo conseguiu recortar distancias cun gol de Raúl a pase de Morientes, pero o Deportivo continuou dominando e o partido acabou co 1-2 no marcador.[5]

Detalles do partido editar

Real Madrid 1 - 2 Deportivo da Coruña 6 de marzo de 2002, 21:00 (CET) – Santiago Bernabéu, Madrid
Asistencia: 75.000
Árbitro: Mejuto González
Raúl   58' Informe
Sergio   6'
Tristán   37'
 

Aliñacións editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Real Madrid


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Deportivo


(4-4-2)
GK 13   César
DF 2   Míchel Salgado
DF 4   Hierro (c)   25'
DF 22   Pavón   46'
DF 3   Roberto Carlos
MF 10   Figo   83'
MF 24   Makélélé
MF 6   Helguera   81'
MF 5   Zidane
FW 7   Raúl
FW 9   Morientes   67'
Suplentes:
GK 1   Casillas
MF 8   McManaman   83'
MF 14   Guti   67'
MF 16   Flávio Conceição
MF 21   Solari   65'   46'
Adestrador:
  Vicente del Bosque
(4-2-3-1)
GK 1   Molina   90'
DF 12   Scaloni
DF 5   César
DF 4   Naybet
DF 3   Romero
MF 16   Sergio
MF 6   Mauro Silva (c)   10'
MF 18   Víctor   31'   88'
MF 21   Valerón   62'
MF 10   Fran   70'   83'
FW 9   Tristán
Suplentes:
GK 13   Nuno
DF 15   Capdevila   83'
MF 8   Djalminha   88'
MF 23   Duscher   62'
FW 7   Makaay
Adestrador:
  Javier Irureta

Na cultura popular editar

O partido pasou á historia co alcume de Centenariazo, xa que ese día cumpríanse cen anos da fundación do Real Madrid, e o club tiña preparada unha gran celebración, que pensaba culminar co título de Copa. Agardábase que o equipo branco gañase a final con comodidade, xa que nese momento era un dos equipos máis competitivos de Europa (dous meses despois proclamouse campión de Europa) e a final disputábase no seu estadio, o Santiago Bernabéu.[1][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cordovilla, Anna (6 de marzo de 2017). "Hoy se cumplen 15 años del ‘Centenariazo’". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  2. "Centenariazo 2002" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  3. "Copa del Rey 2001/2002 - Final". footballdatabase.eu (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  4. Ortuño, Rubén (10 de febreiro de 2018). "El Centenariazo: una cura de humildad al madridismo" (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Zárate, Óscar (7 de marzo de 2002). "La crónica". Mundo Deportivo (en castelán). p. 2. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  6. "O 'Centenariazo', o último título grande do Deportivo". La Opinión A Coruña (en castelán). EFE. 5 de marzo de 2012. Consultado o 22 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar