Iker Casillas

futbolista español

Iker Casillas Fernández, nado en Móstoles (Madrid) o 20 de maio de 1981, é un exfutbolista español que xogaba na posición de porteiro.

Iker Casillas
Casillas co Porto en 2015
Información persoal
Nome Iker Casillas Fernández
Nacemento 20 de maio de 1981 (42 anos)
Lugar de nacemento Móstoles
Altura 1,82 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1990–1998 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998–1999 Real Madrid C 26 (0)
1999 Real Madrid B 4 (0)
1999–2015 Real Madrid 510 (0)
2015–2020 Porto 116 (0)
Total 656 (0)
Selección nacional
1996 España sub-15 1 (0)
1996–1998 España sub-16 19 (0)
1997–1999 España sub-17 10 (0)
1999 España sub-18 4 (0)
1999 España sub-20 2 (0)
1999–2000 España sub-21 5 (0)
2000–2016 España 167 (0)
Na rede
IMDB: nm1787381 Facebook: Iker.Casillas Twitter: IkerCasillas Instagram: ikercasillas Youtube: UCrZjn-r676Gpb2qM5dVxm4Q TikTok: ikercasillas FIFA: 176644 UEFA: 34694 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi capitán da selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]

Traxectoria editar

De orixe abulense, aínda que se considera de Móstoles, pois viviu sempre neste municipio madrileño, naceu na capital. Xoga (2010) de Porteiro no Real Madrid da Primeira División de España e na Selección de fútbol de España, onde ademais é o capitán.

Iker Casillas foi designado como o mellor porteiro do mundo de 2008 e 2009 na clasificación que elabora a Federación Internacional de Historia e Estatística do Fútbol ou IFFHS e o FIFPro. Desde o ano 2000 foi incluído habitualmente na lista dos mellores porteiros segundo a IFFHS.[2]

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Liga de España Real Madrid España 2001
Supercopa de España Real Madrid España 2001
Liga de España Real Madrid España 2003
Supercopa de España Real Madrid España 2003
Liga de España Real Madrid España 2007
Liga de España Real Madrid España 2008
Supercopa de España Real Madrid España 2008
Liga de España Real Madrid España 2012

Copas internacionais editar

Título Equipo (*) País Sede da final Ano
Liga de Campións da UEFA Real Madrid España París, Francia 2000
Liga de Campións da UEFA Real Madrid España Glasgow, Escocia 2002
Supercopa de Europa Real Madrid España Mónaco 2002
Copa Intercontinental Real Madrid España Yokohama, Xapón 2002

Selección nacional editar

Título Club País Ano
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 Selección española Nixeria 1999
Eurocopa Selección española Austria 2008
Copa Mundial de Fútbol de 2010 Selección española Suráfrica 2010
Eurocopa Selección española Ucraína 2012

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Trofeo Bravo 1999-2000
Trofeo Zamora 2007-2008
Porteiro Menos Goleado da Eurocopa 2008
Mellor Porteiro do Mundo segundo FIFPro 2008
Mellor porteiro do Mundo segundo a IFFHS 2008
Mellor porteiro do ano segundo a LFP 2009
Medalla de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo 2009
Mellor porteiro do mundo segundo FIFPro 2009
Mellor porteiro do mundo segundo IFFHS 2009
Incluído no equipo ideal FIFA/FIFPro 2009
Incluído no once ideal de L'Équipe 2009

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar