Joan Capdevila

futbolista español

Joan Capdevila Méndez, nado en Tàrrega (Lleida) o 3 de febreiro de 1978, é un futbolista español. Xoga de lateral esquerdo e o seu actual equipo é o FC Santa Coloma.

Joan Capdevila
Capdevila xogando con Cataluña en 2012
Información persoal
Nome Joan Capdevila Méndez
Nacemento 3 de febreiro de 1978 (46 anos)
Lugar de nacemento Tàrrega
Altura 1,82 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Santa Coloma
Número 19
Carreira xuvenil
Tàrrega
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–1998 Espanyol B 34 (2)
1998–1999 Espanyol 29 (4)
1999–2000 Atlético de Madrid 31 (2)
2000–2007 Deportivo da Coruña 177 (15)
2007–2011 Villarreal 140 (15)
2011–2012 Benfica 5 (0)
2012–2014 Espanyol 31 (0)
2014 NorthEast United 6 (0)
2015 Lierse 4 (0)
2016– Santa Coloma 7 (0)
Selección nacional
1998–2000 España sub-21 13 (0)
2000 España sub-23 4 (0)
2002–2011 España 60 (4)
2002–2013 Cataluña 10 (0)
Na rede
IMDB: nm3971061 Twitter: capde11 Bitraga: 2366 FIFA: 177907 UEFA: 44862 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de novembro de 2016.
editar datos en Wikidata ]

En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Traxectoria editar

Produto da canteira do RCD Espanyol, debutou co RCD Espanyol B na tempada 1997–98. Ao ano seguinte debutou co Espanyol en Primeira División nun partido contra o Athletic Club (2–2). Na tempada 1999–00 foi contratado polo Atlético de Madrid.

Tras o descenso do Atlético de Madrid a Segunda División, Capdevila firmou co Deportivo da Coruña no verán de 2000. No club galego, ademais de ter un xogo regular e perfilarse como unha peza clave no equipo, gañou unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.

Na tempada 2007–08 firmou por tres anos co Villarreal CF, xogando practicamente tódolos partidos.

Selección nacional editar

Capdevila debutou coa selección española o 16 de outubro de 2002, nun partido no que España empatou ante Paraguai (0–0), nun partido amigable disputado en Logroño (A Rioxa). O 17 de novembro de 2007 marcou o seu primeiro gol como internacional absoluto fronte a Suecia no Estadio Santiago Bernabéu.

Foi seleccionado polo técnico Luis Aragonés para disputar a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza. O 29 de xuño de 2008, Capdevila proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008 ante a Selección de fútbol de Alemaña. Capdevila disputou os 90 minutos da final. En xuño de 2009 disputou a Copa Confederacións en Suráfrica.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica. Joan Capdevila, Iker Casillas e Gerard Piqué foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os minutos do Mundial de Suráfrica 2010.

Tamén xogou oito partidos internacionais amigables coa selección de Cataluña.

Goles internacionais
# Data Lugar Rival Gol Resultado Competición
1. 17 de novembro de 2007 Estadio Santiago Bernabéu, Madrid, España   Suecia 1–0 3–0 Clasificación para a Eurocopa 2008
2. 6 de febreiro de 2008 Estadio La Rosaleda, Málaga, España   Francia 1–0 1–0 Amigable
3. 31 de maio de 2008 Estadio Nuevo Colombino, Huelva, España   Perú 2–1 2–1 Amigable
4. 10 de setembro de 2008 Estadio Carlos Belmonte, Albacete, España   Armenia 1–0 4–0 Clasificación para o Mundial 2010

Palmarés editar

Persoal editar

Deportivo
Benfica

Internacional editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar