Abrir o menú principal

Zvonimir Boban, nado o 8 de outubro de 1968 en Imotski (Croacia), foi un futbolista. Xogaba de centrocampista e é mundialmente coñecido por ser xogador do AC Milan.

Zvonimir Boban
Zvonimir Boban in 2018.jpg
Nacemento8 de outubro de 1968
 Imotski
NacionalidadeCroacia
Alma máterFaculty of Humanities and Social Sciences, University of Zagreb
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comeza a súa carreira no Dinamo Zagreb, destacando dende moi cedo, e tomando parte do equipo xuvenil de Iugoslavia que venceu en 1987 no Mundial xuvenil de Fútbol. Tras a independencia de Croacia, Boban pasou a xogar coa súa selección.

No ano 1991 marcha para Italia, ó club AS Bari, onde só fica unha tempada, xa que o AC Milan interesouse por el e fichouno. Aquí estivo xogando 9 tempadas, onde gañou 4 veces a Serie A, e unha vez a Champions League en 1994. Ao ano seguinte foron subcampións.

No ano 2001 foi cedido ao Celta de Vigo, o que foi o seu derradeiro club, xa que se retirou en 2002.

Coa selección de Croacia conseguiu un terceiro posto no mundial de Francia 1998, sendo o capitán e unha das estrelas do equipo. En total xogou 51 encontros e marcou 12 goles.

Despois da súa retirada, Boban rematou a carreira de Historia. É comentarista ocasional de deportes nunha televisión croata, RTL Televizija, e tamén na Sky Italia italiana.