Zoco (mercado árabe)

Quizais estea buscando zoco (calzado rústico).

Un zoco (do árabe سوق sūq) é a denominación que se dá en galego aos mercados tradicionais dos países árabes, especialmente os que se celebran ao aire libre e que, con frecuencia, teñen lugar un determinado día da semana ou nunha determinada época do ano, aínda que a palabra pode facerse extensiva a todo tipo de mercado tradicional. O significado de zoco está restrinxido respecto do orixinal árabe suq, que significa mercado.

Un posto no zoco de Dubai.
Zoco de Esna, Exipto.

Localizacións

editar

Os zocos xeralmente sitúanse nunha praza no centro das cidades, xa que en torno a el xiran moitas outras actividades, e como é un lugar moi concorrido para todo tipo de compra-venda de artigos variados, tamén xorden á par actividades secundarias de servizos para quen o visita, como son o transporte, garderías...

Historia

editar

Nalgúns lugares a actividade pode ser semanal ou diaria dependendo da poboación e os postos cos que conte. Moitas poboacións reciben o seu nome do mercado estacional que nelas se celebra, como por exemplo, a marroquí Suq al-Arbaa ("mercado do mércores") ou a española Zocodover (de سوق الدواب suq al-dawabb, "mercado das bestas de carga"). En al-Ándalus, e máis tarde nos reinos cristiáns hispanos, estableceuse un sistema de administración do mercado, a cuxa fronte estaba un funcionario chamado zabazoque, do que dependían os restantes, entre eles os almotacéns.

Na literatura

editar

Os zocos, tradicionalmente, non foron só lugares de compra e venda, senón espazos centrais da vida social. Por esta razón aparecen profundamente en toda a literatura tradicional como escenario no que se desenvolven as tramas ou parte delas. Na obra As mil e unha noites, aparece a historia de Gran de beleza no que o pai do protagonista, Chamseddin, é síndico do zoco do Cairo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • E. Lévi-Provençal, "El urbanismo musulmán", in: Mélanges d’histoire et d’archéologie de l’Occident musulman, Hommage à G. Marçais, Algeri, 1957, I, pp. 219–231.
  • A. ‘Abd ar-Rāziq, "La hisba et le muhtasib en Égypte au temps des Mamlūks", in Annales Islamologiques, XIII (1977), pp. 115–178