Ziphius
Ziphius | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Zifio de Cuvier (Ziphius cavirostris) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Ziphius é un xénero de mamíferos cetáceos odontocetos da superfamilia dos zifioideos o tipo da súa única familia, a dos zifíidos.
Na actualidade o xénero non comprende máis que unha única especie, o zifio de Cuvier (Ziphius cavirostris),[1][2][3] aínda que se coñece tamén unha especie extinta.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero Ziphius foi descrito en 1823 polo naturalista francés Georges Cuvier na súa obra Recherches sur les ossements fossiles. Nouv. éd., 5 (1): 1-352.[3][4]
Etimoloxía
editarO nome científico Ziphius foi cuñado por Georges Cuvier, que parece que o derivou dunha adaptación do grego antigo ξίφος xíphos "espada", en alusión ao estreito bico destes animais.[5]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome de Ziphius que lle adxudicou Cuvier, e actualmente válido, o xénero foi coñecido tamén polos seguintes sinónimos:[2]
- Aliama Gray, 1864
- Epiodon Burmeister, 1867
- Hyperodon Cope, 1865
- Hyperondon Hall & Kelson, 1959 (erro ortográfico)
- Petrorhynchus Gray, 1865
- Xiphius Agassiz, 1846
- Ziphiorrhynchus Burmeister, 1865
- Zyphius Moreno, 1895 (erro ortográfico)
Clasificación
editarA única especie actual do xénero é o zifio de Cuvier,[6] de xeito que Ziphius foi considerado tradicionalmente como un xénero monoespecífico. Pero comprende tamén unha especie fósil, Ziphius compressus Owen, 1870,[4] que viviu desde hai 2 588 millóns de anos (Ma) até hai 1 806 Ma, e cuxos restos se encontraron no leste do Reino Unido.[7]
Distribución
editarZifio de Cuivier
editarO zifio de Cuvier encóntrase en todos is océanos do mundo, incuíndo o mar Mediterráneo, e exceptuando as moi frías latitudes dos océanos Glaciais Ártico e Antártico, o mar Báltico e o mar Negro.[8]
En Galicia
editarA presenza do zifio de Cuvier en augas próximas a Galicia é escasa.[9]
Ziphius compressus
editarA especie fósil Ziphius compressus foi descuberta no Reino Unido, onde viviu no plistoceno.[7][10]
Notas
editar- ↑ Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Taxon Ziphius na Lista vermella da UICN. Versión 2016.1. Consultada o 20-08-2016.
- ↑ 2,0 2,1 Ziphius Cuvier, 1823 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 Ziphius en MSW.
- ↑ 4,0 4,1 Ziphius Cuvier 1824 Arquivado 17 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Ziphius no Merriam-Webster's Unabridged Ditionary.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000), p. 314.
- ↑ 7,0 7,1 † Ziphius compressus Owen, 1870 en GBIF.
- ↑ Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008):Ziphius cavirostris na Lista vermella da UICN. Versión 2016.1. Consultada o 20-08-2016.
- ↑ Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007), p. 128.
- ↑ Ziphius compressus na EOL.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ziphius |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ziphius |
Bibliografía
editar- Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
- Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
- Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-551340-2.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen, eds. (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
- Van der Land, J. (2001): "Tetrapoda", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle.. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 375–376. ISBN 2-85653-538-0.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. 5ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ziphius Cuvier 1824 Arquivado 17 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Ziphius G. Cuvier, 1823 no ITIS.
- Ziphius na ADW.
- Ziphius cavirostris Arquivado 17 de xullo de 2015 en Wayback Machine. na EOL.
- Ziphius compressus na EOL.