Zeugopterus regius

Zeugopterus regius
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Scophthalmidae
Xénero: Zeugopterus
Especie: Z. regius
Nome binomial
Zeugopterus regius
(Bonnaterre, 1788)
Sinonimia

Zeugopterus regius é unha especie de peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes e familia dos escoftálmidos.[1][2]

Taxonomía editar

A especie foi descrita por primeira vez en 1788 polo naturalista francés Pierre Joseph Bonnaterre, baixo o nome de Pleuronectes regius.
Ademais de por este nome, a especie foi coñecida tamén co sinónimo Phrynorhombus regius (Bonnaterre, 1788).[1]

Características editar

As principais características morfolóxicas desta especie son:[3] [4]

  • Corpo ovalado, deprimido e alongado, de até os 20 cm de lonxitude total.
  • Boca terminal, ampla, e coa mandíbula inferior prominente.
  • Os ollos, situados á esquerda, son grandes e están moi xuntos, separados por unha protuberancia ósea.
  • A liña lateral preséntase en ambas as caras.
  • A aleta dorsal comeza por diante dos ollos, e o seu primeiro raio é o máis longo de todos. A aleta caudal é arredondada.
  • A cara ocular é de cor parda avermellada, con manchas de distintas tonalidadss, tamén presentes nas aletas. A súa coloración pode mimetizarse coa dos fondos onde repousa.

Hábitat e distribución editar

Hábitat

É unha especie bentónica que vive sobre fondoss areosos e limosos, onde se enterra. O individuos xuvenís son máis costeiros que os adultos, que poden chegar aos 300 m de profundidade.

Distribución xeográfica

Encóntrase nas costas do Atlántico nororiental (desde as illas Británicas até Marrocos), e no Mediterráneo occidental até o mar Adriático.[3]

Bioloxía editar

Nutrición

Aliméntase vermes e crustáceos.

Reprodución

Ten lugar durante a primavera no Mediterráneo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Zeugopterus regius (Bonnaterre, 1788) no WoRMS.
  2. Zeugopterus regius en The Taxonomicon.
  3. 3,0 3,1 Zeugopterus regius en FishBase.
  4. Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier (2000): Peixos de les Illes Balears. Palma de Maiorca: Editorial Moll. ISBN 84-273-6013-4, pp. 263-264.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar