Zemlya Aleksandry

Terra de Alexandra (ruso: Земля Александры, Zemlya Aleksandry) é unha grande illa situada na Terra de Francisco Xosé no Óblast de Arkhanguelsk, Federación Rusa. Sen contar a separada e afastada illa Vitoria, é a illa máis occidental do arquipélago de Francisco Xosé.

Zemlya Aleksandry
Localización da illa
Mapa da illa Terra de Alexandra
Situación
PaísRusia Rusia
ÓblastÓblast de Arkhanguelsk
ArquipélagoTerra de Francisco Xosé
MarOcéano Ártico
Coordenadas80°38′38″N 46°49′50″L / 80.64389, -46.83056Coordenadas: 80°38′38″N 46°49′50″L / 80.64389, -46.83056
Xeografía
Superficie1.050 km²
Longura máxima70 km.
Largura máxima30 km.
Punto máis alto382 m. Kupol Lunny
Demografía
CapitalNagurskaja
Poboación17 (base militar) (2013)

Xeografía editar

O punto máis alto da illa, é o cume de 382 m. Kupol Lunny (Купол Лунный) "Cúpula da Lúa", un gran glaciar cobre a maior parte da zona occidental da illa.[1] No extremo occidental da zona glaciar occidental atópase o glaciar Nordenskiöld;[2] outros glaciares na illa son o Glaciar Worcester[3] e o Glaciar Payer. A parte norte da illa é conxelada e o seu extremo leste forma unha península que se estende cara ao sur, a península de Polyarnykh Letchikov.[4] Esta península está cuberta pola Kupol Kropotkina (Купол Кропоткина), unha capa de xeo máis pequena.[5] Hai tres lagos grandes na illa, incluíndo o Lago Utinoye (Lago Parrulo) e o lago Ledyanoye (Lago xeado).

Baía Dezhnev (Zaliv Dezhneva) atópase entre a parte occidental da illa e a península de Polyarnykh Letchikov. O cabo Thomas (Mys Tomasa) é o extremo meridional da península. A canle Cambridge (Proliv Kambritch) é un amplo estreito entre Terra Alexandra e Zemlya Georga.

No extremo sur esta illa ten dous cabos apuntando cara ao suroeste na súa costa máis meridional: Cabo Lofley e Cabo Ludlow. Cabo Mary Harmsworth, o cabo que mira cara ao oeste é o punto máis occidental do arquipélago de Francisco Xosé propiamente dito.

Historia e ecología editar

Chamada Terra Alexandra na honra da Gran Duquesa Alexandra Pavlovna de Rusia (1783-1801), que se converteu en Arquiduquesa de Austria durante o seu matrimonio con Arquiduque Xosé de Austria, Palatino de Hungría. Terra Alexandra é tamén o lugar da base militar de Nagurskoye, a base militar máis ao norte de Rusia.

O navegante ruso Valerian Albanov do Svyataya Anna alcanzou o cabo Mary Harmsworth na terra Alexandra en 1914 logo dun calvario no xeo polar. O cabo Mary Harmsworth foi chamado así pola esposa de Alfred Harmsworth. Alfred Harmsworth, compañeiro da Royal Geographical Society (Sociedade Xeográfica Real)], foi o patrocinador principal da Expedición Polar de Frederick George Jackson de 1894 a Terra de Francisco Xosé.

Durante a segunda guerra mundial os alemáns estableceron unha estación meteorolóxica malograda na illa, chamada Schatzgräber ("Cazador de tesouros"). A maioría dos membros enfermaron de triquinose despois de comer carne crúa de oso polar. Os superviventes foron rescatados e o proxecto abandonado.[6][7][8]

Nagurskoye é unha base rusa situada na illa na localización 80°49′N 47°25′L / 80.817, -47.417, no sitio da anterior estación meteorolóxica. Foi bautizada polo piloto pioneiro Jan Nagórski e serviu como unha das estacións meteorolóxicas máis importantes no arquipélago durante a guerra fría. Esta base ten unha pista de neve de 1500 m.. Un avión de carga Antonov An-72 estrelouse mentres aterraba en Nagurskoye o 23 de decembro de 1996.

 
Mapa orixinal da ruta tomada por Nansen e Johansen durante a súa expedición 1895-96 do Polo Norte. A costa sur de "Alexandra" está incluída no oeste.
 
Terra Alexandra nun mapa de 1898 da terra de Francisco xosé que mostra as exploracións de Frederick G. Jackson.

Notas editar

  1. "Kupol Lunny". Mapcarta. Consultado o 6 de outubro de 2016. 
  2. "Alexandra Land – Franz-Joseph-Land". Franz-Joseph-Land Info. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 8 de outubro de 2016.  Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  3. "Popular Science Monthly/Volume 55/setembro 1899/Scientific Literature". Wikisource. Consultado o 11 de outubro de 2016. 
  4. "Poluostrov Polyarnykh Letchikov". Mapcarta. Consultado o 6 de outubro de 2016. 
  5. "Kupol Kropotkina, Russia - Geographical Names, map, geographic coordinates". geographic.org. 
  6. Warnes, Indra (22 de outubro de 2016). "A base polar secreta NAZI ordenada por Adolf Hitler ddescuberta no Árctico". The Express. Consultado o 22 de outubro de 2016. 
  7. Dege, Wilhelm (2003). War North of 80: The Last German Arctic Weather Station of World War II. Traducido por William Barr. University of Calgary Press. ISBN 1-55238-110-2. 
  8. Simpson, Craig. "Hitler's secret 'Treasure Hunter' Arctic base which was abandoned after its staff poisoned themselves eating polar bears is found by Russian scientists". A base secreta Ártica de Hitler 'Cazador de tesouros' abandonada logo de que os científicos comeran carne de oso polar infectada foi desenterrada. O misterioso sitio, chamado 'Schatzgraber' ou 'Cazador de tesouros' dos subordinados de Hitler, construíuse en 1942, un ano despois de que o Terceiro Reich invadira Rusia. Os investigadores rusos agora redescubriron a base militar, que a guarnición anterior evacuou polo U-boat despois de comer o oso polar infectado. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar