A Terra de Xurxo (ou do príncipe Xurxo) (en ruso: Земля Георга, Zemlya Georga) é a maior das illas do arquipélago ártico de Terra de Francisco Xosé, en augas do océano Ártico.

Zemlya Georga
Земля Георга
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
PaísRusia Rusia
ÓblastÓblast de Arkhanguelsk
ArquipélagoTerra de Francisco Xosé
MarOcéano Ártico
Coordenadas80°30′N 49°0′L / 80.500, -49.000Coordenadas: 80°30′N 49°0′L / 80.500, -49.000
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie2.821 km²
Longura máxima116 km.
Largura máxima10 - 43 km.
Perímetro635´9
Punto máis alto416 m. Brusilov-Eiskappe
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Administrativamente, pertence ao Óblast de Arjánguelsk, Federación Rusa.

Xeografía editar

Cunha superficie total de 2.821 km², a Terra de Xurxo, ademais da maior illa do arquipélago, é tamén a máis longa, con 115 km entre os seus extremos máis setentrional e meridional. O punto máis alto da illa ten 416 m.

A illa ten unha forma bastante irregular, cunha costa complexa, con numerosas baías, enseadas profundas e cabos. A maior parte da illa atópase baixo grandes glaciares. Hai unha gran península no seu extremo norte, Poluostrov Armitidzh, na súa maioría non cuberta por glaciares. O cabo máis occidental desta península é Mys Mul'tanovskogo, máis aló do que se atopa o estreito coñecido como Proliv Arkhangelskiy entre Terra de Xurxo e Terra de Alexandra. O estreito coñecido como canle de Cambridge (Proliv Kambritch) está situado máis ao suroeste, e é unha continuación do anterior. Entre ambos suman unha lonxitude duns 75 km, cunha anchura de 10–15 km, bordean por completo a illa polo seu lado noroeste. A canle do ruiseñor(ou canle de Nightingale) (Proliv Neytingeyl) está ao leste de Terra de Xurxo, separándoa de illa Bruce.

Terra de Xurxo ten tres cabos orientados ao suroeste na súa costa meridional: cabo Neale (o extremo máis occidental da illa), cabo Crowther e cabo Grant. O seu cabo máis oriental coñécese como cabo Murray (Mys Murray). Os dous orientados ao norte, Mys Bryusa e Mys Battenberg están separados entre si pola baía de Sommerville.

Illas próximas editar

Ademais da illa Terra de Alexandra, na súa parte noroeste, a illa está próxima a varias illas máis do arquipélago:

* illa Arthur, atópase ao norte do punto máis setentrional, separada dela polo estreito coñecido como Proliv Li-Smita.
* illa Bruce (Ostrov Bryusa), é unha pequena illa situada no seu parte suroeste, a uns 8 km.
* illa Maybel (Ostrovok Maybel), outra pequena illa case unida á anterior, tamén no seu parte suroeste, a uns 10,5 km.

Historia editar

 
Príncipe Xurxo de Hesse-Darmstadt, a quen se honrou nomeando a illa.

Terra de Alexandra foi nomeada pola Expedición austro-húngara ao Polo Norte en honra ao príncipe Xurxo de Hesse-Darmstadt (1669-1705), que se converteu en Generalfeldwachtmeister do Exército austríaco en 1694 e o seu Fieldmarshal desde 1699.

Ligazóns externas editar