Zamburiña

especie de molusco

A zamburiña (Mimachlamys varia) é un molusco bivalvo da orde dos pectínidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, unha das 18 especies integradas no xénero Mimachlamys.[1]

Volandeiras (Aequipecten opercularis), ós lados, e zamburiña (Mimachlamys varia), no centro.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Ostrea varia.[1]

Distribución e hábitat editar

Distribución editar

Esta especie vive no mar do Norte, na Canle da Mancha, nas costas do océano Atlántico e no mar Vermello.[2]

Hábitat editar

É unha especie que vive en augas pouco profundas, até uns 100 m de profundidade, ao longo de zonas rochosas costeiras. Habitualmente vive debaixo de pedras ou entre algas.[2]

Características editar

A cuncha é ovalada, de até 60 mm de diámetro, coas orellas moi diferentes: as anteriores son alongadas e as posteriores moito máis pequenas; entre elas hai un pequeno canal. A valva superior presentga numerosas costelas, fortes, radiais, e que case sempre son escamosas preto do bordo. A cor é moi variábel, en xeral parda violácea escura.[3]

Vive en fondos de cascallo, desde o litoral inferior até os 30 m de profundidade, moitas veces fixada ao substrato por un biso.[3]

É moi abundante en Galicia nalgunhas zonas.[3]

É comestíbel, polo que ten sido moi procurada para a súa comercialización, principalmente en conserva.[3]

Protección editar

Mimachlamys varia está en hábitats protexidos en Strangford Lough, en Irlanda do Norte, e debido ao seu rápido declive alí, polo que está catalogada como unha especie prioritaria de Irlanda do Norte.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mimachlamys varia (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 27 de agosto de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Oakley, J. A. (2007): Variegated scallop (Chlamys varia). Marine Life Information Network.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Rolán & Otero-Schmitt 1966, p. 208.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar