Ypati (en grego Υπάτη) é unha vila da antiga rexión da Tesalia, que foi unha comuna (municipio) de Grecia.

Modelo:Xeografía políticaYpati
Υπάτη (el) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°52′20″N 22°14′22″L / 38.8722, 22.2394Coordenadas: 38°52′20″N 22°14′22″L / 38.8722, 22.2394
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of Thessaly and Central Greece (en) Traducir
PeriferiasGrecia Central
PrefecturasFtiótida (pt) Traducir
ConcelloLamia Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Ducado de Neopatria (1319–1393) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación391 (2021) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude400 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Makrakomi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal350 16 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico2231 Editar o valor em Wikidata

Está situada na periferia da Grecia Central, na unidade periférica de Ftiótide (en grego antigo Φθιώτις, Phthiōtis; en grego moderno Φθιώτιδα, Fthiótida), cuxa capital é Lamía, en cuxo concello está a ex-comuna.

Xeografía editar

A vila esténdese sobre unha superficie de 263 km² e, no ano 2001 contaba con 6 855 habitantes,[1] o que facía unha densidade de poboación de 26,06 hab./km².

A comuna foi suprimida de acordo coa reforma administrativa, coñecida como Programa Kallikratis, que entrou en vigor en xaneiro de 2011,[2] e agora está comprendida na comuna de Lamía.

Ypati está a uns 30 km ao oeste de Termópilas e ao norte do monte Eta e do río Xerias, e a 25 km ao oeste de Lamía ao sur da estrada GR-38 (Lamia-Karpenissi-Agrinio).

A súa distancia a Atenas, situada ao NNO, é de ao redor de 230 km.

Paisaxe editar

A súa paisaxe inclúe bosques, e praderías ao sur, nas zonas máis altas. A uns poucos quilómetros está rodeada de montañas.

Historia editar

Ypatri correspóndese coa antiga cidade tesala de Ipata, famosa por ser lugar de acontecementos históricos. Na literatura latina, aparece como o lugar onde comeza a trama da novela O asno de ouro, ou A metamorfose, de Apuleio (século II), considerada a única novela latina que se conserva na súa totalidade [3] A cidade, transfigurada literariamente na novela, aparece impregnada dunha atmosfera máxica, na que é significativo o incidente do sinistro poder das bruxas tesalas.

Na Idade Media a cidade era coñecida como Neopatria (Νέαι Πάτραι, Néai Pátrai) e, desde 1319 a 1458, foi a capital do Ducado de Neopatria, en territorios conquistados polos almogávares, no curso da Cuarta Cruzada, que foi feudatario da Coroa de Aragón, até a súa conquista polo Imperio Otomán.

Notas editar

  1. "Censo de 2001". Consultado o 10-11-2017. 
  2. "ProgramaKallikratis" (PDF). Consultado o 10-11-2017 maggio 2011. 
  3. Julia Haig Gaisser (2008) The Fortunes of Apuleius and The Golden Ass. A Study in Transmission and Reception. Princeton University Press, páx. XI.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar