O asno de ouro
O asno de ouro ou Metamorfoses [1] é unha obra de Apuleio do século II, considerada a única novela latina que se conserva na súa totalidade [2].
Desenvolvemento
editarApuleio adaptou libremente a historia dun orixinal grego [3], probablemente dunha obra perdida de Lucio de Patras [4] Protagonizada por Lucio, ao final do relato dísenos que é de Madaura, a localidade na que naceu o propio autor; o argumento desenvólvese por medio da curiosidade do protagonista e o seu insaciable desexo de ver e practicar maxia. Con todo, a súa inexperiencia mentres intentaba un conxuro para se converter nun paxaro fixo que se transformase nun asno o que o conduciu a unha longa viaxe, literal e metafórica, con varias historias inseridas, entre as que sobresae a de Psique e Cupido, cun alto valor simbólico e que condensa toda a ensinanza moral da obra.[5] Finalmente o protagonista atopa a salvación mediante a intervención da deusa Isis, uníndose en agradecemento ao seu culto. A obra é escura e difícil de interpretar, mesmo Santo Agostiño quen lle deu o título de O asno de ouro non estaba certo se era unha obra de ficción ou unha biografía.[6]
Notas
editar- ↑ Existe unha tradución galega parcial, só da historia de Psique e Cupido, leva por título O asno de ouro publicouna Xuntanza Editorial en 1999 con tradución de Manuel Quintáns Suárez, e no interior fai referencia ao outro título Metamorfoses,
- ↑ Julia Haig Gaisser (2008) The Fortunes of Apuleius and The Golden Ass. A Study in Transmission and Reception. Princeton University Press, páx. XI
- ↑ Gerald N. Sandy (1997) The Greek World of Apuleius: Apuleius and the Second Sophistic. BRILL, páx. 242
- ↑ Michele Rank (2011) From word to images: Notes on the reception of Apuleius's work in Marília P. Futre Pinheiro e Stephen J. Harrison (ed) Fictional Traces:: Receptions of the Ancient Novel, vol. 2. Barkhuis, páx. 84
- ↑ Carlos García Gual (1988) Los orígenes de la novela. Akal, páx. 348
- ↑ John J. Winkler (1991) Auctor and actor: a narratological reading of Apuleius' Golden Ass University of California Press, páx. 1
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O asno de ouro |