YouthSat é un satélite artificial colaboración entre o ISRO e a Univesidade M. V. Lomonosov lanzado o 20 de abril de 2011 a bordo dun foguete PSLV desde o Centro Espacial Satish Dhawan.[1][5][4]

Youthsat
TipoDemostrador tecnolóxico/científico
FabricanteISRO e Univesidade M. V. Lomonosov
OrganizaciónISRO e Univesidade M. V. Lomonosov
Data de lanzamento20 de abril de 2011, 4:42 GMT[1][2][3]
Foguete portadorPSLV[1][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Satish Dhawan[1][5]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera superior.[1][5]
NSSDC ID2011-015B
Masa92 kg[4]
Datos orbitais
Semieixo maior7188 km[2]
Inclinación98,3º[2]
Apoapse828,9 km[2]
Periapse806,6 km[2]

Características editar

Youthsat, cunha masa de 92 kg, foi deseñado e contruído pola axencia espacial india ISRO e a universidade rusa M. V. Lomonosov. Os obxectivos da misión de YouthSat son[1][5][4]

  • Estudar a radiación solar.
  • Proporcionar experiencia a estudantes con experimentos espaciais e procesamento de datos.
  • Crear unha plataforma mundial común para estudantes de materias aeroespaciais para levar a cabo experimentos conxuntos.

O satélite leva a bordo os seguintes experimentos:[1][5][4]

  • SolRad para medir os raios X solares no rango entre 10 e 100 keV, os raios gamma entre 0,02 e 5,0 MeV, electróns entre 0,3 e 3,0 MeV e protóns entre 3 e 100 MeV.
  • RaBIT, unha radiobaliza para estudar a ionosfera.
  • Unha cámara hiperespectral para o estudo do limbo atmosférico no rango visible.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 NASA (7 de xaneiro de 2022). "YouthSat" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "YOUTHSAT" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2022. 
  3. "Note verbale dated 15 June 2011 from the Permanent Mission of India to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-85712 (E)). 19 de setembro de 2011: 2. Consultado o 10 de abril de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "YouthSat (IMS 1A)" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2022). "Youthsat" (en inglés). Consultado o 10 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar