Centro Espacial Satish Dhawan

O Centro Espacial Satish Dhawan, tamén coñecido como Centro de Lanzamento de Sriharikota, é o centro principal de lanzamento de foguetes espaciais da India desde 1971. Está situado na costa leste, na illa de Sriharikota, na baía de Bengala, e a 80 km ao norte de Chennai. Desde o centro lanzáronse ou lánzanse os foguetes SLV, ASLV, PSLV e GSLV.[1]

Plano do Centro Espacial Satish Dhawan.

NotasEditar

  1. Mark Wade (2011). "Sriharikota" (en inglés). Consultado o 12 de decembro de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar