Abrir o menú principal

Yellapragada Subbarao

Yellapragada Subbarao, tamén escrito como Subba Raw, nado o 12 de xaneiro de 1895 e finado o 8 de agosto de 1948, foi un científico indio que fixo importantes aportes no tratamento do cáncer. Desenvolveu a maior parte da súa carreira en Estados Unidos.

Yellapragada Subbarao
Yellapragada Subbarow 1995 stamp of India bw.jpg
Nacemento12 de xaneiro de 1895
 Bhimavaram
Falecemento9 de agosto de 1948
 Nova York
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeIndia e Raj Británico
Alma máterUniversidade Harvard, Madras Medical College e Harvard Medical School
Ocupaciónbioquímico
editar datos en Wikidata ]

Orixe e educaciónEditar

Naceu nunha familia humilde da casta sacerdotal no departamento de Godavary, na actualidade no estado de Andhra Pradesh. Estudou na Escola de Medicina de Madrás grazas á axuda económica dalgúns amigos.

Subbarao intentou traballar para o servizo sanitario de Madrás pero non o conseguiu. Encontrou un emprego como profesor de anatomía na escola ayurvédica do Dr. Lakshmipathi's. Estaba fascinado polas posibilidades terapéuticas da medicina tradicional india e propúxose investigalas desde unha perspectiva moderna.

Un encontro fortuíto cun médico estadounidense, que estaba de visita cunha bolsa da fundación Rockefeller, cambiou a súa vida e emigrou a Estados Unidos.

Carreira en Estados UnidosEditar

Despois de obter un diploma da Harvard School of Tropical Medicine foi contratado polo centro como profesor axudante. Con Cyrus Fiske, desenvolveu un método para determinar o contido en fósforo en tecidos e fluídos corporais. Descubriu o papel da fosfocreatina e o ATP na actividade muscular. Obtivo o seu doutoramento en 1930.

Tras non lograr unha praza permanente en Harvard, foi contratado polos laboratorios Lederle (na actualidade, unha división de Wyeth). En Lederle, desenvolveu un método para sintetizar o ácido fólico, vitamina B9,[1] baseándose nos traballos de Lucy Wills no papel do ácido fólico contra a anemia. Tras este traballo, e a petición do Dr. Sidney Farber, desenvolveu o anticanceríxeno metotrexato, un dos primeiros medicamentos da quimioterapia oncolóxica, que aínda se segue usando.[2][3][4] Tamén descubriu a dietilcarbamazina que foi empregada pola OMS contra a filariose.[5] Baixo a dirección de Subbarao, Benjamin Duggar descubriu a primeira variedade da tetraciclina, chamada Aureomycin

Recoñecemento tardíoEditar

O legado de Subbaro foi escurecido por outros logros e a súa falta de "autopromoción". Un avogado especialista en patentes asombrouse ao coñecer que nunca fixera o menor esforzo por protexer a propiedade intelectual dos seus descubrimentos. Xamais concedeu entrevistas, participou en congresos ou deu conferencias.

O seu colega George Hitchings, que compartillou o Premio Nobel de Medicina con Gertrude Elion, dixo, "Algúns dos nucleótidos illados por Subbarao tiveron que ser redescubertos anos máis tarde por outros investigadores porque Fiske, aparentemente por celos, non permitiu que os traballos de Subbaro saíran á luz."

NotasEditar

  1. Farber S et al., "The Action of Pteroylglutamic Conjugates on Man", Science, 1947 Dec 19;106(2764):619-621; PMID 17831847
  2. Farber et al.'s article, publicado no New England Journal of Medicne en 1946.
  3. A tribute to Sidney Farber-- the father of modern chemotherapy Br J Haematol. 2006 Jul;134(1):20-6 PMID 16803563
  4. Diamond, L.K. (1985) This week’s citation classic Current Contents
  5. WHO Report on Global Filaria Control 2002

Véxase taménEditar