Xurx Kahala[1][2] (en árabe: جورج كحّالة), nado en Alepo o 1 de agosto de 1938, é un relixioso católico melquita sirio, dende 1995 exarca apostólico de Venezuela.

Infotaula de personaXurx Kahala
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Alepo, Siria Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
12 de outubro de 1995 –
Diocese: Abila Lysaniae (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSiria Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónHoly Spirit University of Kaslik (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1995–), sacerdote católico (1966–), bispo titular Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Basiliana Alepina Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónMáximo V Hakim Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xurx Kahala naceu en Alepo o 1 de agosto de 1938. Aos 10 anos de idade ingresou no seminario menor dos alepinos no Líbano, e posteriormente estudou cos xesuítas. Realizou estudos superiores de Filosofía e Teoloxía na Universidade Espírito Santo de Kaslik, Islamoloxía na Universidade San Xosé de Beirut, onde tamén doutorouse en Filosofía, e obtivo un diploma en Estudos pastorais pola Universidade de Montreal.[3]

Foi ordenado sacerdote o 2 de febreiro de 1966 polo arcebispo Hilariun Kabutxi[4] Foi director do seminario dos alepinos entre 1967 e 1970, e ao mesmo tempo profesor de Filosofía da Universidade Espírito Santo. En 1972 foi nomeado párroco en Caracas, cargo que mantivo até 1989.[3]

En 1989 volveu ao Líbano, onde foi nomeado vigairo xeral da súa orde, e onde pasou a encargarse da formación dos novizos. O 12 de outubro de 1995 o papa Xoán Paulo II nomeouno exarca apostólico de Venezuela, visitador apostólico para os melquitas da Arxentina, e bispo titular de Abila Lysaniae. Recibiu a consagración episcopal o 21 de decembro de 1995 de mans do patriarca Máximo V.[3]

Notas editar

  1. Transliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.
  2. Tamén coñecido por outras romanizacións do seu nome: Georges Kahhalé, Jorge Kahhale.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Exarchat Apostolique du Vénézuéla - Brève notice biographique de l'exarque apostolique actuel". Patriarcado Católico Greco-Melquita (en francés). 
  4. Nome orixinal árabe: هيلاريون كابوتشي, tamén romanizado como Hilarion Capucci.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Butrus Rai
 Exarca apostólico de Venezuela 
dende 1995
Sucesor:
(no cargo)