Orde Basiliana Alepina

A Orde Basiliana Alepina (en latín: Ordo Basilianus Aleppensis Melkitarum; en árabe: الرهبانية الباسيلية الحلبية, "Al-Rahbaniah Al-Basiliah Al-Halabiah") é un instituto de vida consagrada da Igrexa católica greco-melquita. Os relixiosos desta orde monástica son coñecidos como basilianos alepinos, e engaden ao seu nome as siglas B.A.

Orde Basiliana Alepina
Ordo Basilianus Aleppensis
الرهبانية الباسيلية الحلبية ("Al-Rahbaniah Al-Basiliah Al-Halabiah")
Instituto de vida consagrada da Igrexa católica greco-melquita
Historia
Fundación1824
Aprobación1832, pola Santa Sé
Separada deOrde Basiliana de San Xoán Bautista
Outros datos
SiglasB.A.
Sede centralSarba, Líbano

Historia editar

A orde foi fundada en 1824 por un grupo de monxes separados da Orde Basiliana de San Xoán Bautista, e foi aprobada pola Santa Sé en 1832.[1]

O 31 de decembro de 2005 a orde tiña 8 mosteiros habitados por 29 relixiosos, 26 deles sacerdotes.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Annuario pontificio per l'anno 2007 (en italiano). Cidade do Vaticano: Libreria editrice vaticana. 2007. p. 1464. ISBN 9788820979089. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar