Julio Rodríguez Yordi

escritor e xornalista galego
(Redirección desde «Xulio Rodríguez Yordi»)

Julio Rodríguez Yordi, nado na Coruña o 7 de novembro de 1894 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1967,[1] foi un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.

Julio Rodríguez Yordi
Nacemento7 de novembro de 1894
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento27 de setembro de 1967
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Superior de Comercio da Coruña
Ocupaciónescritor e xornalista
PaiEladio Rodríguez González
CónxuxeMaría Luisa Durán Marquina
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fillo do lexicógrafo Eladio Rodríguez González. Estudou a carreira de Comercio na Escola de Comercio da Coruña. Dedicouse á literatura e ó xornalismo e desenvolveu tamén unha labor empresarial.

Publicou as novelas Cristal y Sonrisa e La peña y la peña. Á súa morte publicáronse outras obras súas que estaban inéditas: Quenje en Conjo, Agenor, Haz de Ensayos, Rincón y esquina e Tren y andén, biografía y viografía. Colaborou asiduamente nos xornais El Orzán e El Noroeste.[2]

Ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 6 de outubro de 1955[3], a proposta de Ángel del Castillo, Leandro Carré Alvarellos, José Luís Bugallal Marchesi e Francisco Vales Villamarín, pronunciando o discurso Lo maternal en Emilia Pardo Bazán, respondido por Antonio Rey Soto.[4]

En agosto de 2013 os seus fondos manuscritos foron doados á Real Academia Galega polo seu fillo[5].

Vida persoal editar

Casou con María Luisa Durán Marquina.

Notas editar

  1. "Fallece el escritor Rodríguez Yordi". ABC (en castelán). 29-9-1967. 
  2. Biblioteca Municipal de Estudos Locais: Rodríguez Yordi, Julio Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
  3. "Julio Rodríguez Yordi". Real Academia Galega. 
  4. Rodríguez Yordi, J. (2015). Lo maternal en Emilia Pardo Bazán. A Coruña: Real Academia Galega. 
  5. "A Real Academia Galega incorpora manuscritos do escritor Julio Rodríguez Yordi". Cultura Galega. 23 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar