Xukrala Nabil al-Hax

Xukrala Nabil al-Hax[1][2] (en árabe: شكرالله نبيل الحاج), nado no Líbano o 26 de febreiro de 1943, é un bispo católico maronita, dende 2003 arcebispo de Tiro.

Infotaula de personaXukrala Nabil al-Hax

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) شكرالله نبيل الحاج Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Arcebispo católico
29 de novembro de 2003 – 1 de novembro de 2020
← Marun Khuri SadirCharbel Abdallah (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLíbano Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica maronita Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Libanesa
Universidade San Xosé Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2003–), sacerdote católico (1970–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónNasrala Pedro Sufair Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xukrala Nabil al-Hax naceu en Al-Hixa, unha vila do distrito de Sidón, na gobernación do Líbano Meridional,[3] o 26 de febreiro de 1943. Entrou no seminario do patriarcado maronita de Rasir en 1957, e alí cursou os seus estudos secundarios até 1962. Posteriormente pasou en 1963 á Universidade San Xosé de Beirut, onde estudou Filosofía e Teoloxía. O 13 de xuño de 1970 foi ordenado sacerdote.[4]

En 1977 obtivo un grado en Lingua francesa pola Universidade Libanesa e conseguiu unha axuda do goberno para estudar en Francia, onde obtivo un Diploma de Estudos Avanzados (DEA) pola Universidade da Provenza, e posteriormente obtivo en 1981 o doutoramento en lingua francesa. Á súa volta ao Líbano, ensinou na Universidade Libanesa e na Universidade San Xosé.[5]

En xuño de 2003, foi elixido polo Sínodo maronita arcebispo de Tiro, sendo confirmado polo papa Xoán Paulo II o 25 de setembro. Recibiu a consagración episcopal o 29 de novembro de mans do patriarca de Antioquía Nasrala Pedro Sufair, sendo os principais co-consagrantes o bispo auxiliar do patriarcado Rulan Abu Xudi e o arcebispo emérito de Tiro Marun Huri Sadir.[4]

Notas editar

  1. Transliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.
  2. Tamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Chucrallah-Nabil El-Hage, e pola inglesa Shukrallah Nabil El Hajj.
  3. Patriarcado maronita de Antioquía (ed.). "صاحب السيادة المطران شكرالله نبيل الحاج السامي الاحترام". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 6 de outubro de 2014. أستاذ في الجامعة اللبنانيّة – الفرع الخامس - منذ سنة 1981. أستاذ في الجامعة اليسوعيّة – فرع الجنوب - منذ سنة 1987.  Arquivado 07 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en árabe)
  4. 4,0 4,1 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (25 de setembro de 2003). "Rinunce e nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0472). 
  5. Patriarcado maronita de Antioquía (ed.). "صاحب السيادة المطران شكرالله نبيل الحاج السامي الاحترام". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 6 de outubro de 2014. ولد في بلدة الحجة، قضاء صيدا، أبرشية صور المارونية سنة 1943  Arquivado 07 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en árabe)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar