Xosé Ramón Brea Rei

escritor e investigador galego


Xosé Ramón Brea Rei, nado en Taragoña (Rianxo) o 19 de novembro de 1955, é un escritor e investigador galego. Reside na Ermida de Bexo (Dodro).

Infotaula de personaXosé Ramón Brea Rei

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Taragoña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor e investigador
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2474790

Traxectoria editar


Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela, rematando en 1976. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola UNED en 1987. Foi docente de EXB entre 1977 e 1991, e nesta data incorporouse coma profesor de secundaria ao IES Miguel Ángel González Estévez do Carril (Vilagarcía de Arousa), onde deu clase de Lingua e Literatura Galega ata a súa xubilación en 2015.

No campo da investigación literaria centrouse nos estudos dos persoeiros do ámbito de Rianxo, como Rafael Dieste, Manuel Antonio, Castelao, Xosé María Brea Segade e Xosé Otero Otero. Realizou a investigación literaria sobre a etapa de Rafael Dieste na Guerra de África e a publicación da revista Charamuscas. Colaborou no estudo crítico e transcrición do facsímile “Rafael Dieste. Charamuscas”. (Consello da Cultura Galega 1995,[1] xunto con Xosé Luís Axeitos e Rosa Brea), e en “Charamuscas”, a revista de Rafael Dieste na guerra de África. Boletín Galego de Literatura, nº 13, Univ. de Santiago, 1995.

Como conferenciante participou coma relator no congreso sobre a literatura do exilio: “Lorenzo Varela: a voz solidaria do exilio” (Sesenta anos despois. Congreso para o estudio dos escritores do exilio republicano. Facultade de Filoloxía, Compostela, 1999, Actas en Ediciós do Castro, ISBN: 84-7492-931-8) e en “Lorenzo Varela: compromiso e espírito de grupo”, en Congreso sobre Lorenzo Varela, Monterroso, do 28 ao 30-04-2005, Consellería de Cultura e Deporte (Xunta de Galicia).

Autor da biografía e obra do escritor de Taragoña (Rianxo), Xosé María Brea Segade: Un reiseñor canta lonxe”, Xosé María Brea Segade: o home e a obra, Deputación da Coruña, 2004[2] . Tamén é autor da historia da parroquia de Taragoña, por mor da celebración dos 90 anos da construción da escola dos “americanos”, Rosalía de Castro e o labor societario e literario do emigrante taragoñés, Xosé Otero Otero: Taragoña na historia. 90 aniversario da escola “Rosalía de Castro”, Deputación da Coruña 2021 (no prelo).

A súa obra poética permanece inédita, recolléndose unha parte dela no poemario Dorna azul de ausencias, 1997.

Membro fundador da Tertulia Rianxeira, Asociación Cultural Galicia Viva e da Asociación Cultural Barbantia, en novembro de 2004. Colaborou en La Voz de Galicia, O Correo Galego e El Correo Gallego con artigos sobre as figuras literarias rianxeiras. Participa en publicacións de ámbito local dos concellos de Dodro e Rianxo con estudos históricos e literarios.

Notas editar

  1. (ISBN: 84-87172-07-5)
  2. (ISBN: 84-95950-90-1)