Xosé María Chao Ledo
Xosé María Chao Ledo, nado e Vilalba o 30 de setembro de 1844 e finado na mesma vila o 9 de xullo de 1894, foi un sacerdote e poeta galego.
Xosé María Chao Ledo | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1844 |
Lugar de nacemento | Vilalba |
Falecemento | 9 de xullo de 1894 |
Lugar de falecemento | Vilalba |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico, escritor e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de labregos, estudou a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo. Foi párroco de Santalla, San Xurxo de Rioaveso, Santiago de Cuíña e Santa María de Luía. Foi un verdadeiro poeta popular "que soubo expresarse nun galego enxebre" e do que Carvalho Calero louva a súa naturalidade. O seu biógrafo Lence Santar cualifícao de "crego sabido, sinxelo, falangueiro, amigo de dar esmolas e amante, como poucos da terra galega". O seu sobriño-neto, o escritor Xosé Chao Rego, no mesmo libro fala da "paixón telúrica" que manifesta o amor á Terra que tiña Xosé María Chao.
En 1871 estreou en Mondoñedo Noite Boa de 1871.
Obras editar
- Poesías en gallego y castellano (inéditas) de Don José María Chao Ledo, 1930.
- Poemas galegos, 1976, Edicións do Castro.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo: Galaxia. pp. 461–462. ISBN 84-7154-390-7.
- Eduardo Lence-Santar, "Notas biográficas de D. Xosé María Chao Ledo", en X. Mª Chao Ledo, Poemas galegos, Ed. do Castro, A Coruña 1976.