Xosé Manuel Rodríguez Martínez

político español

Xosé Manuel Rodríguez Martínez, nado en Escairón (O Saviñao) en 1940, é un político galego do BNG.

Infotaula de personaXosé Manuel Rodríguez Martínez
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
O Saviñao, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou nas Universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, participando nas loitas estudantís universitarias dos anos 64 e 68. Durante o franquismo formou parte da primeira dirección dos Comités de Axuda á Loita Campesiña. Impulsor do Sindicato Agrario Galego-Comisións Labregas na comarca sur de Lugo dende 1975. Militante da UPG, foi concelleiro no Saviñao dende 1979. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a Candidatura Independente do Saviñao e foi elixido concelleiro. Foi elixido alcalde grazas ao apoio dos cinco concelleiros de Alianza Popular, que o votaron para impedir que lograse a maioría o PSOE. En 1989 foi substituído por unha moción de censura encabezada por Castor Montes Suárez. Posteriormente foi portavoz do grupo municipal do BNG ata o 2011. Foi candidato ao Congreso polo BNG na provincia de Lugo nas eleccións xerais de 1993 e 2000. Animador da vida sociocultural no Saviñao a través da asociación "Xan de Forcados".


Predecesor:
Enrique Pérez Losada
  
Alcalde do Saviñao
 
1987 - 1989
Sucesor:
Castor Montes Suárez

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar