Xosé Manuel Maseda
Xosé Manuel Díaz Maseda, coñecido como Xosé Manuel Maseda, nado en Cedeira en 1962 e finado o 23 de decembro de 2020 en Santiago de Compostela, foi un xornalista de televisión galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 ![]() Cedeira, España ![]() |
Morte | 23 de decembro de 2020 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Empregador | Televisión de Galicia ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Traxectoria
editarFoi estudante de medicina na Universidade de Santiago de Compostela pero non chegou a rematar a carreira porque, con 23 anos, comezou a traballar na recentemente inaugurada Televisión de Galicia, na súa sección de informativos. Nela permaneceu toda a súa carreira profesional, onde foi editor e presentador dos telexornais[1]. Ocupou cargos na dirección de informativos durante os gobernos de Alberto Núñez Feijóo (redactor xefe de informativos entre 2009 e 2017 e coordinador de informativos entre 2017 e 2020)[2]. Graduouse en Dereito pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC) no ano 2013.
O seu rostro quedou vinculado a algunhas das retransmisións en directo máis importantes da TVG, como as visitas de mandatarios estranxeiros, actos relixiosos, o accidente da ponte das Pías, ou grandes eventos políticos, como as investiduras dos presidentes da Xunta. Tamén ocupou postos de representación da TVG na FORTA.
Vida persoal
editarFoi membro da Tuna Compostelana[2] e tocaba a guitarra.
Estivo casado con Sara Dobarro, política ferrolá, concelleira polo Partido Popular de Galicia en Ferrol. Tiveron dous fillos, Cristina (1988) e Santiago (1993). O matrimonio acabou nun xuízo por agresión á súa muller, se ben a condena foi anulada.[3].
Finou como consecuencia das feridas sufridas nun accidente de circulación na autoestrada AP-9, á altura de Vilamaior[2].
Notas
editar- ↑ "Falece Xosé Manuel Díaz Maseda, un dos xornalistas históricos da Televisión de Galicia". www.crtvg.es. 23/12/2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Muere Xosé Manuel Díaz Maseda, periodista de la Televisión de Galicia". El Correo Gallego (en castelán). 23/12/2020.
- ↑ "La Audiencia anula la condena por agresión del ex marido de Sara Dobarro". La Voz de Galicia (en castelán). 1/4/2003.