Xosé Díaz Andión
Xosé Díaz Andión, nado en Río de Castro (Baleira) en 1892 e finado en Madrid en 1948, foi un tipógrafo, escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 Río de Castro, España |
Morte | 1948 (55/56 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , tipógrafo , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Tipógrafo e funcionario de Correos, estudou na Escola Social de Traballo de Madrid, graduándose en 1934. Membro do Partido Republicano Radical Socialista ata a súa disolución, con posteriodidade membro do partido Izquierda Republicana. Foi redactor xefe de Galicia en Madrid e colaborou en El Imparcial, El Regional (Lugo), El Ideal Gallego, El correo Gallego, El Progreso (Lugo), Labor, Raza Celta e Finisterre e outros periódicos galegos con textos de índole histórica. Destacan especialmente os artigos publicados no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo. Escribiu un traballo de carácter biográfico sobre o marqués de Rodil. Recibiu varios galardóns en certames literarios.
Obras editar
- La historia y sus héroes, 1929.
- Los precursores de la libertad. Don Juan Díaz Porlier, 1932.
- Los trovadores gallegos Macías y Rodríguez del Padrón (premio da RAG, 1944).
- Influencia de Martínez Salazar sobre la cultura gallega (premio da RAG, 1946).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Entrada: "Díaz Andión, Xosé" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 325-326.