Xesús Veiga
economista e político galego
(Redirección desde «Xesús Veiga Buxán»)
Xesús Manuel Veiga Buxán, nado en Toiriz (Pantón) o 7 de xullo de 1951, é un economista e político galego.
Xesús Veiga | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1951 |
Lugar de nacemento | Toiriz |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade do País Vasco |
Ocupación | economista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Xesús Veiga (dereita) con Camilo Nogueira (esquerda) e Carlos Aymerich (centro), na Asemblea nacional e congreso constituínte de Máis Galiza no 2012.
TraxectoriaEditar
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao. É profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Foi dirixente do Movemento Comunista de Galicia (1973-1992) ata a súa integración en Inzar. Foi deputado polo BNG no Parlamento de Galicia (1993-2005) e portavoz do BNG na Comisión de Economía. Entre 2012 e 2014 foi presidente da Fundación Galiza Sempre[1].