Xerarquía da morte

A xerarquía da morte (Hierarchy of death en inglés) é un concepto empregado polos xornalistas para definir a sobreatención por parte dos medios de comunicación a fenómenos tráxicos se estes se producen en países desenvolvidos, afectan a xente oriúnda do país, e pertencen á raza branca, en comparación coa menor cobertura dos medios a sucesos que non cumpran estas característica.

Un dos xornalistas que máis escribiu sobre o tema é o escocés Allan Massie.[1]

A rede social Facebook foi tamén criticada por participar na cultura da xerarquía da morte, ao permitir mudar a foto de perfil dos usuarios cunha bandeira de Francia coma mostra de solidariedade cos atentados de París de novembro de 2015, mentres que non ofertaba tal opción para o atentado que se producira no Líbano só un día antes, o que moitos cualificaron de agravio comparativo.[2] A mesma rede social tamén activou unha ferramenta que permitía a todo aquel que se atopase en París avisar a súa familia que se atopaba a salvo.

Outros fenómenos que se poderían cualificar como con atención desproporcionada por estaren sometidos ao fenómeno da xerarquía da morte son o accidente aéreo de Germanwings ou os atentados da maratón de Boston.[Cómpre referencia]

Fenómenos similares editar

O fenómeno da xerarquía da morte é similar ao que acontece coa síndrome da muller branca desaparecida[3].

Notas editar

  1. Massie, Allan (16 de abril de 2013). "Allan Massie: Keep Boston bombings in perspective". The Scotsman. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2015. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  2. Rubio, Jaime. El País, ed. "Facebook y la jerarquía de la muerte: por qué puedes poner en tu perfil la bandera de Francia y no la del Líbano". Consultado o 24 de setembro de 2016. 
  3. Jones, Owen (21-4-2013). "Owen Jones: Our shameful hierarchy - some deaths matter more than others - Comment - Voices". London: The Independent. Consultado o 29-4-2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar