Xavier Soto Valenzuela
Xavier Victoriano Soto Valenzuela, nado en Vigo en 1893 e finado en Lugo o 17 de decembro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1893 Vigo, España |
Morte | 17 de decembro de 1936 (42/43 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, político |
Traxectoria
editarFillo de Avelino Soto Collarte e Milagros Valenzuela Moreno. Empregado mercantil. Militante nacionalista, foi presidente da Mocidade de Vigo (xuventudes das Irmandades) en 1921, e escribiu nese ano con Manuel Antonio o manifesto "Terra Ceibe", que se publicou como panfleto e despois foi reproducido polo periódico A Nosa Terra, como resposta á negativa do pleno do Concello de Vigo a que a bandeira galega ondease o día de Santiago ao carón da española. Foi director de La Garra, elixido presidente da Agrupación Artística en decembro de 1922,[1] cargo do que dimitiu ao cabo duns días.[2] Presidiu a Asociación de Empregados Mercantís Mercurio,[3] e en representación desta asociación foi nomeado concelleiro de Vigo en abril de 1929.[4]
Durante a República foi concelleiro en Vigo nas filas da Alianza Agraria. Participou na Asemblea Galega de Compostela en xullo de 1932 que nomeou a comisión encargada de redactar o Estatuto de Autonomía.[5] Instalado en Viveiro, foi presidente da Comisión de Iniciativas en 1935.[6] Foi elixido secretario do comité local de Izquierda Republicana de Viveiro en novembro de 1935.[7] En febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Viveiro e elixido tenente alcalde. Foi presidente do Comité local de Autonomía de Viveiro.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Viveiro o 27 de xullo. Trasladado a Lugo, foi xulgado por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 17 de decembro, ás 8, nas tapias do cuartel da Garda Civil.
Obras
editarÉ autor da comedia en galego O lóstrego, publicada en La Concordia en 1919, que foi estreada ese ano en Vigo polo cadro Juventud Artística. En febreiro de 1924 o cadro de declamación La Aurora de Sárdoma estreou a súa obra Terra ceibe.[8]
Vida persoal
editarNotas
editar- ↑ Galicia. Diario de Vigo, 26-12-1922, p. 1.
- ↑ Galicia. Diario de Vigo, 29-12-1922, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-1-1927, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-4-1929, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-7-1932, p. 10.
- ↑ El Progreso, 26-9-1935, p. 2.
- ↑ El Progreso, 21-11-1935, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-2-1924, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-6-1924, p. 4.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego (das orixes a 1936). A Nosa Terra. pp. 98-99. ISBN 84-89976-98-8.
- "Quen era o arredista que coñeceu Ruth M. Anderson?". Sermos Galiza: 24–25. 3-4-2016.