Xabier Simón

alcalde de Arbo
(Redirixido desde "Xavier Simón")

Xabier Simón Fernández, nado en Arbo en 1964, é un economista e político galego, alcalde de Arbo entre o 2011 e o 2014.

Xabier Simón
Nacemento1964
 Arbo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Doutor en Economía pola Universidade de Vigo, onde traballa como profesor titular de Economía aplicada. Foi concelleiro en Arbo polo BNG dende 1999. En 2011 foi elixido alcalde de Arbo grazas a un pacto cos independentes, aínda que na lexislatura alternará a alcaldía co independente Luis Enrique Rodríguez. Finalmente a alcaldía non se alternou ante a dimisión do número 1 de AIAr e a renuncia do número 2, José Simón. O 27 de xuño do 2014 perdeu unha moción de censura contra el e apoiada polos 5 concelleiros do PP e 2 dos 3 de AIAr sendo investido alcalde o candidato do PP. O 11 de febreiro do 2012 deuse de baixa no BNG e en setembro de 2015 renunciou á súa acta de concelleiro[1], tras presentarse aos comicios de maio dese mesmo ano baixo unha agrupación independente, e se ben conseguiu un notable ascenso con respecto aos resultados do BNG e quedou a moi poucos votos do PP, estes últimos conseguiron a maioría absoluta. Nas municipais de 2019 volveu encabezar a devandita candidatura independente, pero tampouco foi capaz de recuperar a alcaldía ao darse uns resultados practicamente iguais aos de 4 anos antes.


Predecesor:
Manuel Rivera Domínguez
  
Alcalde de Arbo
 
2011 - 2014
Sucesor:
Horacio Gil Expósito

PublicaciónsEditar

Obras colectivasEditar

  • 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza, 2001, ADEGA.
  • Guía para os propietarios de terreos eólicos (con Damián Copena Rodríguez), 2010.
  • Os plans eólicos empresariais no sector eólico galego. Unha análise do seu grao de desenvolvemento, 2010.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar