Manuel Rivera Domínguez

empresario e político galego

Manuel Rivera Domínguez, nado en Arbo o 20 de novembro de 1944, é un empresario e político galego do Partido Popular de Galicia (PPdeG).

Infotaula de personaManuel Rivera Domínguez
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Arbo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Arbo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político , axente inmobiliario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Enxeñeiro de profesión, é axente da propiedade inmobiliaria. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Arbo e foi elixido alcalde grazas ao apoio do concelleiro do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 1995 presentouse polo PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser reelixido nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata 2011. En 1999 foi elixido deputado provincial.

As empresas Inmobiliaria Rivera y Capital Quattro, vinculadas á familia de Rivera, executan preto do 85% da actividade inmobiliaria do municipio. Rivera e a súa familia tamén adquiriron terreos rústicos para promover unha recualificación que lles permitiu construír unha gasolineira. Rivera ten dúas empresas inmobiliarias, Fran-River Promociones e Rivera y Rodríguez. A familia Rivera comprou a finais dos anos 90 terreos que daquela eran rústicos, segundo o Plan Xeral de 1998, para promover a súa recualificación para uso industrial e comercial. A Consellería de Política Territorial, dirixida por Xosé Cuíña, aprobou a proposta.[1]

No ano 2023 entra no partido IPPA (Independientes Para el Progreso de Arbo), para presentarse a candidatura do día 28 de maio.


Predecesor:
Hermenegildo Rivero Álvarez
  
Alcalde de Arbo
 
1991 - 2011
Sucesor:
Xavier Simón Fernández

Vida persoal editar

Casou con María Luisa Viéitez Fernández, filla de Ignacio Viéitez González, e é pai de tres fillos.

Notas editar

  1. Esquela da súa sogra[Ligazón morta]. Atlántico Diario, 29/11/2010. (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar