Xavier Bettel
Xavier Bettel, nado na Cidade de Luxemburgo o 3 de marzo de 1973, é un político e avogado luxemburgués. É o actual primeiro ministro de Luxemburgo dende o 4 de decembro de 2013. Anteriormente desempeñouse como alcalde da cidade de Luxemburgo entre os anos 2011 e 2013.[1][2] Tamén exerceu como membro da Cámara de Deputados e do Consello comunal da cidade de Luxemburgo.
Xavier Bettel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de marzo de 1973 |
Lugar de nacemento | Luxemburgo |
Nacionalidade | Luxemburgo |
Alma máter | Universidade Aristóteles de Salonica e University Nancy II |
Ocupación | político, avogado e participante do fórum internacional |
Cónxuxe | Gauthier Destenay |
Premios | comendador da Lexión de Honor, Grand Cross of the Order of the Oak Crown, Ordem de Orange-Nassau, Grand Cross of the Order of the Crown, Order of Merit of the Grand Duchy of Luxembourg e Grand Cross of the Order of Honour |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Bettel comezou os seus estudos na Escola Europea e logo continuou cun Diploma de Estudos Avanzados en Dereito Público e Ciencias Políticas na Facultade de Dereito de Nancy, e concluíunos na Universidade Aristóteles de Salónica onde obtivo un mestrado en Dereito Público e Dereito Comunitario, sendo Licenciado en dereito marítimo e dereito eclesiástico.
Vida persoalEditar
Bettel é abertamente gay, e sinalou que en Luxemburgo, «a xente non considera o feito de se alguén é gay ou non».[3]
Bettel está nunha relación con Gauthier Destenay, co que a miúdo aparece nos eventos públicos.[4]
O 15 de maio de 2015, Bettel e Destenay contraeron matrimonio.[5]
NotasEditar
- ↑ "Xavier Bettel - Luxembourg City's new Mayor" Arquivado 18/09/2012, en Archive.is, Wort.lu, 10 October 2011.
- ↑ "Xavier Bettel sworn in as capital's mayor" Arquivado 11/01/2013, en Archive.is, Wort.lu, 24 November 2011.
- ↑ "Je suis surpris de devenir bourgmestre". L'essentiel. 11 de outubro de 2011. Consultado o 5 de outubro de 2011.
- ↑ "«Je suis surpris de devenir bourgmestre»".
- ↑ "LUXEMBURGO: PRIMER MINISTRO SE CASARÁ CON SU COMPAÑERO". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de maio de 2017.