Xastré
O xastré (tamén chamado xastreu) é un licor que se elabora nos concellos da comarca de Verín.[1][2] No Entroido de Laza celébrase a festa gastronómica da Cachucha, Bica Branca, Xastré e Licor Café de Laza.[3][1]
Elaboración
editarEn 1903 os monxes da orde dos Cartuxos chegaron a Tarragona e comezaron a elaborar un licor similar ao Chartreuse. A súa popularidade estendeuse ata Monterrei, onde a receita se modificou.[2][4] O nome provén dunha das herbas usadas na elaboración.[2]
Elabórase a partir de augardente, azucre e herbas silvestres. É un licor de cor verde moi viva, de menor graduación có licor café.[2][4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Fiesta del Xastré (Licor) en Galicia". Galicia Fiestas (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2020. Consultado o 08 de abril de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Paula Morales (13 de febreiro de 2021). "O museo de Verín escolle ao "xastré" de Laza coma a peza do mes". Diario do Támega.
- ↑ Lorena R. de la Torre (26 de febreiro de 2014). "Los sabores del Entroido, en las aldeas del rural gallego". La Vanguardia (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 Shell Caneiro (14 de febreiro de 2021). "El xastré: Protagonista del mes en el Museo de Verín". La Región (en castelán).