Abrir o menú principal

Xaquín Xesteira Losada

Xaquín Xesteira, nado en Cambados o 29 de agosto de 1971, é un músico galego. A súa especialidade é a gaita.

Xaquín Xesteira
Nome completoXaquín Xesteira Losada
Nacemento29 de agosto de 1971 (48 anos)
Cambados Galicia
OrixeCambados
Ocupaciónmúsico
XéneroMúsica tradicional galega, folk
Instrumento(s)Gaita
Relacionado conTreixadura, Faiscas de Solobeira
Na rede
www.treixadura.com
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Cambados en 1971 nunha familia con tradición musical (o seu avó fundou unha orquestra, e súa nai foi profesora de solfeo e piano de varias xeracións de cambadeses[1]), e comezou a interesarse pola música tradicional galega desde os tres anos. Aos catro anos participou na súa primeira actuación.

Comezou os seus estudos musicais na Sociedade Cultural de Cambados, tocando o tambor. No grupo de música tradicional de Vilariño (Cambados) comezou coa gaita. No Conservatorio Superior de Música de Vigo recibiu os estudos relacionados con este instrumento. Entre outros, tivo como mestres a Nando Casal (Milladoiro) e a Carlos Núñez. É membro dos grupos Os Faíscas de Solobeira, da banda de música de Castrelo e de Treixadura. Ademais, colaborou con Fuxan os Ventos, Na Lúa, ou Milladoiro[2].

Na actualidade, é profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Ten publicado un Método de Gaita Galega en dous volumes, un editado en 2004 e outro en 2007 por Edicións do Cumio.

NotasEditar

  1. "Solfeo es una obligación familiar", en La Voz de Galicia
  2. "Páxina web antiga de Treixadura". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 14 de abril de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar