Xaquín Núñez Sabarís
Xaquín Núñez Sabarís, nado en Zacande (Meis) en 1973, é un profesor e escritor galego.
Xaquín Núñez Sabarís | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1973 |
Lugar de nacemento | Zacande |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | profesor universitario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Compostelán de vocación, asentado en Braga e con raíces no Brasil, a súa infancia aniña en Urdilde e en Zacande.[1]
Estudou na USC e doutorouse en Filoloxía Hispánica. É Prof. Associado (Titular) do Departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho.[2] Desenvolve a súa investigación no Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho, no grupo de investigación “Identidade(s) e Intermedialidade(s). Ademais, integra o grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, dedicado ao estudo da obra de Valle-Inclán[3].[4] A súa tese de doutoramento foi Femeninas de Valle-Inclán, estudio y edición crítica, dirixida por Javier Serrano Alonso na USC en 2002.[5]
Ten estudado en numerosas publicacións o teatro e a narrativa hispánica contemporánea, tamén a literatura en contextos multilingües e as relacións entre a cultura e a literatura hispánica e lusófona. Participou na comisión que elaborou o sistema de avaliación do Celga. É membro do comité editorial da revista Diacrítica (Universidade do Minho[6]) e Lenguaje y Textos[7].[8] Dirixe a revista 2i/Revista de estudos de identidade e intermedialidade.[9] Colaborou en Sermos Galiza.[10]
Publicacións editar
- La novela corta en Valle-Inclán. Estudio textual en "Femeninas" (2005). Universidade de Santiago de Compostela. 293 páxs. ISBN 84-9750-270-1.
- Valle-Inclán en el fin de siglo: Femeninas (2005). Pontevedra: Deputación de Pontevedra, Servizo de Publicacións. 270 páxs. ISBN 84-8457-253-6.
- Geografías literarias. Un itinerario (inter)cultural por Galicia (2018). Santiago de Compostela, USC Editora. 118 páxs. ISBN 978-84-16954-73-5.
- Enseñar literatura en la universidad del siglo XXI. De la lección a la unidad didáctica en tres clásicos hispánicos del XX (2019). Asociación Cultural y Científica Iberoamericana (ACCI). 156 páxs. ISBN 978-84-17867-37-9.
- Cartografías na narrativa galega contemporánea (2020). Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-9151-468-8.[11]
Publicacións colectivas editar
- "Eça de Queirós en Valle Inclán", en: Diálogos ibéricos e iberoamericanos (Recurso electrónico), 2010, páx. 53.
- Aula de galego 2 (2009). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística.[12]
Premios editar
- Premio Valle-Inclán de investigación convocado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilanova en 2004, polo estudo de "Féminas" de Valle-Inclán.[13]
- Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, por Cartografías da narrativa galega contemporánea.[14]
Notas editar
- ↑ "xaquín núñez sabarís". twitter.com. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ "Investigadores". cehum.ilch.uminho.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ "Presentación - Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC - USC". www.usc.es. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ "Xaquín Núñez Sabarís gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019". Editorial Galaxia. 2019-12-27. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ Sabarís, Xaquín Núñez (2002). "Femeninas de Valle-Inclán, estudio y edición crítica" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ "Diacrítica". diacritica.ilch.uminho.pt. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ "Revista Lenguaje y Textos". Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Consultado o 27/12/2019.
- ↑ "Xaquín Núñez Sabarís". SEDLL. Consultado o 27/12/2019.
- ↑ "Início". revistas.uminho.pt. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ Galiza, Sermos. "Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ López Sández, María (Xullo, agosto, setembro 2020). "Unha ollada transmedial aos cronotopos emerxentes da cultura galega contemporánea". Grial. LVIII (227): 68–69. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Aula de galego 2: Curso de galego. Libraría Institucional da Xunta de Galicia". libraria.xunta.gal. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ "depontevedra.es - Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra". www.arquivos.depontevedra.es. Consultado o 2019-12-27.
- ↑ "Xaquín Núñez Sabarís gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019". OndaCero. 2019-12-27. Consultado o 2019-12-27.