Xan Xove

Político, carteiro rural, gaiteiro e sindicalista galego.

Xan Xosé Jove González[1] e máis coñecido como Xan Xove, nado en Viveiro en 1977, é un gaiteiro, sindicalista e político galego.

Infotaula de personaXan Xove
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , gaiteiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Os seus pais aveciñáronse na Coruña cando era un neno e criouse nesa cidade. Diplomado e posteriormente Grado en Traballo Social, como gaiteiro acadou varios premios e formou parte dos Rexumeiros de Elviña-Castro e, con dezaseis anos, en 1993, entrou no recentemente formado Os Papaqueixos[2] e tamén Os Diplomáticos (como colaborador habitual) grupos cos que foi fundador do movemento Bravú.[3] Logo da desaparición do grupo, xa en Barcelona, formou parte do Jarbanzo Negro,[4] posteriormente do grupo Tres Trebóns;[5] actualmente é membro da formación Banda Xangai.[6] Ten colaborado en numerosos traballos de infinidade de bandas tanto galegas como internacionais, como intéprete de diferentes instrumentos.

Participación sindical e política editar

Entre o ano 2001 e o 2013 viviu entre Barcelona e Menorca. En 2007 acadou praza como traballador de Correos, realizando diferentes funcións chegando a Director de Oficina no ano 2010. A nivel sindical foi elixido reiteradamente delegado de persoal pola CXT[7][8] levando a cabo as labores de presidente do Comité de Empresa de Correos na provincia da Coruña ata 2019.

Activista social dende mozo, declarouse insubmiso ao servizo militar obrigatorio no ano 2000 sendo xulgado por iso; participu en diferentes movementos ecoloxistas e na creación da "Burla Negra" de Nunca Máis. Moi activo no 15M e nas Marchas da Dignidade. Foi membro fundador da Marea Atlántica en 2014, nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi nas listas de En Marea pola Coruña sen acadar escano. Así e todo, o 10 de setembro de 2019 tomou posesión como deputado ao substituír a Flora Miranda, na súa andaina como deputado participou nas comisións de Pesca e Marisqueo,[9] Cultura e control da CRTVG.

Nas eleccións municipais de 2023 é o cabeza de lista da Marea Atlántica.[10]

Notas editar

  1. "Toma de posesión de Xan Xosé Jove González como deputado do Grupo Común da Esquerda". Parlamento de Galicia. 10 de setembro de 2019. 
  2. "Os Papaqueixos, outros abandeirados do bravú". Radiofusión. 8 de maio de 2011. 
  3. "Bravú". 2022-08-04. 
  4. "O JARBANZO NEGRO". www.womex.com. Consultado o 2023-02-28. 
  5. "Xan Xove, o deputado rabudo". Diario de Pontevedra. 11 de setembro de 2019. 
  6. "Banda Xangai". Culturactiva (en castelán). Consultado o 2023-02-28. 
  7. "Traballadores de Correos de Galicia protestan contra os recortes pedindo “máis cartería e menos xerarquía”". Galicia Press. 20 de xuño de 2015. 
  8. "Xan Xove, cartero rural, tacha la situación de insostenible: "6.000 personas cubren el 80% del territorio aportando vehículo propio"". www.lasexta.com (en castelán). 2023-01-04. Consultado o 2023-02-28. 
  9. Peneira, Redacción A. Nova (2019-12-27). "O Grupo Común da Esquerda insta a "moderar o optimismo" sobre a negociación das cotas de pesca na UE -". Consultado o 2023-03-04. 
  10. "A Marea Atlántica comeza a carreira cara as municipais na Coruña con Xan Xove como candidato". Galicia Confidencial. 11 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar