Confederación Xeral do Traballo
A Confederación Xeral do Traballo de España, a CXT, é un sindicato de orientación anarquista nado en 1979 a raíz da ruptura ou escisión da CNT-AIT coa chegada da democracia representativa e o posterior proceso de reorganización e reestruturación dos sindicatos (en 1977).
Confederación Xeral do Traballo | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Nome curto | CGT ![]() | ||
Tipo | sindicato ![]() | ||
Ideoloxía política | anarcosindicalismo, anarquismo social e sindicalismo revolucionario ![]() | ||
Entidades | |||
Afiliación | International Libertarian Solidarity (en) ![]() ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1979 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Madrid ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | cgt.es ![]() | ||
Redes | ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Traxectoria
editarÉ a terceira forza sindical española en representantes sindicais a gran distancia de CCOO e mais da UXT, mantendo unha lixeira vantaxe sobre a Unión Sindical Obreira.[Cómpre referencia] Ten forte presenza en Renfe e na industria do automóbil, especialmente en SEAT, Renault, Volkswagen e Ford. Tamén destaca a súa presenza nas Administracións Públicas, nos Correos e nos sectores de Banca, Sanidade e Ensino. Conta con 5 000 delegados sindicais e membros de Comités de Empresa, 60 000 afiliados e máis dun millón de votos entre os traballadores nas eleccións sindicais.[cando?]
A CXT destacou nos últimos conflitos da SEAT e na folga dos traballadores de terra de Iberia en Barcelona, alén de nas últimas mobilizacións pola regulación dos traballadores inmigrantes en España.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Confederación Xeral do Traballo
- Confederación Xeral do Traballo da Galiza
- Periódico Rojo y Negro, publicación dixital anarcosindicalista. Órgano de expresión da CXT.
- Publicación anarcosindicalista da CXT da Cataluña Arquivado 29 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en catalán)