Xabier Pérez Igrexas
Xabier Pérez Igrexas, nado en Vigo o 7 de agosto de 1984, é un político galego, concelleiro do BNG no concello de Vigo desde 2019.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1984 (39 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua galega |
Páxina web | contradiscurso.wordpress.com |
Traxectoria editar
Militante da Unión do Povo Galego,[1] foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes[2] e membro do Consello Federal da Confederación Intersindical Galega.[3] Foi secretario da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao e un dos impulsores de Sermos Galiza.[4]
Nas eleccións municipais de 2019 saíu elixido como o único concelleiro do BNG no pleno da corporación municipal de Vigo.[5]
Foi candidato á alcaldía de Vigo polo Bloque Nacionalista Galego nas eleccións municipais de 2019,[2] nas que saíu electo. A asemblea local do BNG elexiuno de novo como candidato nas eleccións de 2023.[6]
É columnista de opinión en diversos medios de comunicación, como Nós Diario[7] ou o dixital Terra e Tempo.[8]
Notas editar
- ↑ "Xabier Pérez Igrexas". UPG
- ↑ 2,0 2,1 "Xabier Pérez Igrexas encabeza a candidatura do BNG ao concello de Vigo nas Municipais de 2019". Noticias de Vigo. 12 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ "Xabier Pérez Igrexas será o cartaz do BNG nas municipais en Vigo". Sermos Galiza. 12 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ "O BNG xa ten candidato en Vigo, Xabier Pérez Igrexas". Xornal de Vigo. 12 de setembro de 2018.
- ↑ "El BNG regresa con el propósito de no volver a quedarse fuera del Concello". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-06-16. Consultado o 2020-09-12.
- ↑ E.P (2022-09-30). "Xabier Pérez Igrexas volve ser o candidato á Alcaldía de Vigo polo BNG". Xornal de Vigo e comarcas. Consultado o 2023-02-27.
- ↑ Artigos en Nós Diario
- ↑ "Artigos en Terra e Tempo". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2023. Consultado o 27 de febreiro de 2023.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xabier Pérez Igrexas |