X González
- Non confundir con Enma González Bermello (1931-2014), política galega.
X González, nada como Emma González, tamén soletreado Gonzalez o 11 de novembro de 1999 en Parkland (Florida),[1] é unha activista estadounidense e defensora do control das armas.[2][3][4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1999 (24 anos) Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Parkland (pt) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Marjory Stoneman Douglas High School (pt) New College of Florida (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política de armas nos Estados Unidos (pt) |
Ocupación | activista (2018–), orador |
Lingua | Lingua inglesa e lingua castelá |
Cronoloxía | |
14 de febreiro de 2018 | Massacre na Stoneman Douglas High School (pt) |
Premios
| |
Traxectoria editar
En febreiro de 2018, sendo estudante do instituto Stoneman Douglas, sobreviviu ó tiroteo ocorrido na súa cidade natal,[5] e en resposta cofundou o grupo Never Again MSD, a prol do control de armas nos Estados Unidos.[6]
González chamou a atención no seu país cando o discurso que deu nunha concentración contra a violencia das armas se fixo viral. Proclamou o famoso "We call B.S." sobre a falta de acción dos políticos financiados pola National Rifle Association. González continuou a ser activista a prol do control das armas facendo aparicións nos medios de comunicación e axudando a organizar a March for Our Lives, que se converteu na meirande protesta estudantil na historia dos Estados Unidos.
Notas editar
- ↑ Washington Post (ed.). "Parkland student Emma González demonstrates the power of silence" (en inglés).
- ↑ Horton, Alex (18 de febreiro de 2018). The Washington Post, ed. "Advice from a survivor of the Florida school shooting: It's time to start ignoring Trump".
- ↑ CNN, ed. (17 de febreiro de 2018). "Florida student Emma Gonzalez to lawmakers and gun advocates: 'We call BS'" (Includes video and transcript).
- ↑ BBC News, ed. (18 de febreiro de 2018). "Florida survivors to march on Washington".
- ↑ Bailey, Jason M. (18 de febreiro de 2018). The New York Times, ed. "Emma González Leads a Student Outcry on Guns: ‘This Is the Way I Have to Grieve’".
- ↑ Witt, Emily (19 de febreiro de 2018). The New Yorker, ed. "How the Survivors of Parkland Began the Never Again Movement" (en inglés).
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: X González |