William Smith (actor)
actor estadounidense
William Smith, nado en Columbia, Missouri, o 24 de marzo de 1933 e finado nos Ánxeles o 5 de xullo de 2021,[1] foi un actor estadounidense que apareceu en case trescentos filmes e producións televisivas.[2] Un dos seus papeis máis lembrados é o de Anthony Falconetti na miniserie de televisión de 1970 Rich Man, Poor Man.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1933 ![]() Columbia, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 5 de xullo de 2021 ![]() Os Ánxeles, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Syracuse Universidade de California, Os Ánxeles Universidade de París Universidade de Múnic ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor , produtor de cinema , especialista de cinema , guionista , actor de televisión , actor de cinema , modelo ![]() |
Período de actividade | 1942 ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra de Corea ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Smith tamén é coñecido por saír en filmes como Any Which Way You Can (1980), Conan o bárbaro (1982), Rumble Fish (1983), Amencer vermello (1984) e Chamada a un reporteiro (1985), así como diversos papeis no cinema de explotación durante a década de 1970.[2]
Notas
editar- ↑ Bartlett, Rhett (9 de xullo de 2021). "William Smith, Action Actor and Star of ‘Laredo’ and ‘Rich Man, Poor Man,’ Dies at 88". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 The New York Times (ed.). "William Smith". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2014. Consultado o 25 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- William Smith na IMDb (en inglés).