William Reaside
William Reaside, nado nado en Paisley o 24 de marzo de 1892 e finado en Old Kilpatrick o 15 de novembro de 1964 , foi un xogador e adestrador de fútbol escocés, coñecido tamén comoW. H. Cowan.
William Reaside | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 24 de marzo de 1892 | ||
Lugar de nacemento | Paisley | ||
Falecemento | 15 de novembro de 1964 | ||
Lugar de falecemento | Old Kilpatrick | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Comezou sendo adestrador de atletismo ó tempo que xogaba ó fútbol en equipos da súa Escocia natal, entre eles o Hibernian F.C. Convertido en axudante do adestrador Chas During, traballou no humilde St.Miven, no Glasgow University e en varios clubs de Noruega.
Chega a Vigo o 31 de xullo de 1927 para facerse cargo do Celta de Vigo substituíndo a Andrés Balsa. So adestraría ao equipo olívico na tempada 1927-28, na que o levaría a cuartos de final da Copa de España, onde caería derrotado ante a Real Sociedad.
No campionato galego o Celta quedaría subcampión e, esa mesma tempada, xogaría a primeira Liga da historia en modo de proba, conseguindo o subcampionato por detrás do Racing de Santander, aínda que é a titulo de anécdota, xa que non ten valor oficial ningún.
No verán de 1928 o Celta baixo a dirección de Cowan realizou unha xira por Suramérica na que disputou tres encontros en Buenos Aires, dous no Uruguai e un en Rosario.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Historia do Celta
- Txema Ereaga (11 de marzo de 2013). "Mr Cowan: El técnico que fumaba en pipa". Fame Celeste (en castelán).