William MacGillivray

naturalista e ornitólogo escocés

William MacGillivray, nado en Old Aberdeen o 25 de xaneiro de 1796, e finado en Aberdeen o 4 de setembro de 1852, foi un naturalista e ornitólogo escocés.

Infotaula de personaWilliam MacGillivray

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1796 Editar o valor em Wikidata
Aberdeen Editar o valor em Wikidata
Morte4 de setembro de 1852 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Aberdeen Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNew Calton Cemetery, Edinburgh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Regius Professor of Natural History (en) Traducir
17 de maio de 1841 – 5 de setembro de 1852 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEdimburgo
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalmedicina
EducaciónUniversidade de Aberdeen (pt) Traducir
Universidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , ornitólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Aberdeen (pt) Traducir
Universidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaW.MacGill. Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarion Askill
Fillos10
Premios
Casa do 107 High Street, de Old Aberdeen, onde viviu Macgillivray.
Detaller da placa conmemorativa nesa casa.

Traxectoria editar

William MacGillivray naceu en Old Aberdeen e criouse en Harris. Regresou a Aberdeen para estudar Medicina no King's College da Univesidade de Aberdeen, graduándose como MA (Master of Arts, en latín Magister Artium), en 1815.[1]

Máis tarde foi axudante de diseccción nas clases de anatomía. En 1823 foi axudante de Robert Jameson, Profesor Regius de Historia Natural da Universidade de Edimburgo. Foi conservador do Museo do Royal College of Surgeons (Real Colexio de Cirurxiáns) de Edimburgo desde 1831, renunciando a este posto en 1841 para ser Profesor Regius de Historia Natural no Marischal College da Universidade de Aberdeen.

MacGillivray foi amigo do experto ornitólogo estadounidense John James Audubon, e escribiu gran parte das Biografías ornitolóxicas de Audubon entre 1830 e 1839. Audubon nomeou a especie da familia dos parúlidos Geothlypis tolmiei como "MacGillivray's warbler" na súa honra.

Morreu no nº 67 da Crown Street de Aberdeen, o 5 de setembro de 1852,[2] pero está enterrado no cemiterio de New Calton en Edimburgo.[3]

Vida familiar editar

En 1820 casou con Marion Askill, veciña de Harris.[4] A parella tivo 10 fillos, dous dos cales morreron na infancia.[5]

Dous dos fillos de MacGillivray acadaron o recoñecemento como naturalistas. O seu fillo máis vello, John MacGillivray (1822-1867), publicou un relato da viaxe ao redor do mundo da HMS Rattlesnake, da cal foi o naturalista a bordo. Outro fillo, Paul, publicou unha Flora de Aberdeen en 1853, e doou 214 das láminas de aves de seu pai ao Museo de Historia Natural.

Legado editar

Unha versión detallada da vida de MacGillivray, escrita por un homónimo, publicouse 49 anos despois da morte do ornitólogo.[6]

MacGillivray distinguiu correctamente as especies corvo cincento (Corvus cornix) e corvo pequeno (Corvus corone), pero consideráronse como subespecies durante dous séculos e medio, até que, en 2002, por evidencias de ADN, o corvo cincento recibiu o status de especie plena.[7]

Algunhas publicacións editar

  • Lives of Eminent Zoologists from Aristotle to Linnaeus (1830)
  • A Systematic Arrangement of British Plants (1830)
  • The Travels and Researches of Alexander von Humboldt. (1832)
  • A History of British Quadrupeds (1838)
  • A Manual of Botany, Comprising Vegetable Anatomy and Physiology (1840)
  • A History of the Molluscous Animals of Aberdeen, Banff and Kincardine (1843)
  • A Manual of British Ornithology (1840–1842)
  • A History of British Birds, indigenous and migratory, en cinco volumes (1837-1852)
  • Natural History of Deeside and Braemar (1855), publicado postumamente
  • A Hebridean Natualist's Journal 1817-1818 (1996), publicado postumamente
  • A Walk to London (1998), publicado postumamente

MacGillivray ilustrou The Internal Structure of Fossil Vegetables found in the Carboniferous and Oolitic deposits of Great Britain de Henry Witham en 1833, e editou The Conchologist's Text-Book durante de varias edicións.

Abreviaturas editar

Botánica editar

A abreviartura W.MacGill. úsase para recoñecer a William MacGillivray como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[8]

Zooloxía editar

A abreviartura MacGillivray emprégase para recoñecer a William MacGillivray como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Waterston, Charles D.; Macmillan Shearer, A. (Xullo de 2006). Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783-2002: Biographical Index (PDF) I. Edinburgh: The Royal Society of Edinburgh. ISBN 978-0-902198-84-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2006. Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  2. Aberdeen Post Office Directory 1852.
  3. Biographical Index of Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783–2002 (PDF). The Royal Society of Edinburgh. Xullo de 2006. ISBN 0 902 198 84 X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  4. Biographical Index of Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783–2002 (PDF). The Royal Society of Edinburgh. Xullo de 2006. ISBN 0 902 198 84 X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2019. 
  5. James Macdonald Lockhart (2016). Raptor: A Journey Through Birds. 4th Estate. p. 334. 
  6. MacGillivray , William (1901): A Memorial Tribute to William MacGillivray.
  7. Newton, Ian (2010): The Migration Ecology of Birds. Cambridge, Massachusetts: Academic Press. ISBN 978-0-1251-7367-4, p. 648.
  8. W.MacGill. no IPNI.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • A memorial tribute to William MacGillivray. Edimburgo. 1901. – Ver dixitalizado en Internet Archive.
  • Life of William MacGillivray. Londres: Murray. 1901. – Ver dixitalizado en Internet Archive.