William Cameron Menzies

William Cameron Menzies, nado en New Haven (Connecticut) o 29 de xullo de 1896 e finado nos Ánxeles (California) o 5 de marzo de 1957 foi un director de produción e director artístico estadounidense que tamén traballou como director, produtor e guionista.

Infotaula de personaWilliam Cameron Menzies

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1896 Editar o valor em Wikidata
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte5 de marzo de 1957 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Beverly Hills, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Art Students League of New York (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , realizador , deseñador de produción , guionista , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1918 Editar o valor em Wikidata - 1956 Editar o valor em Wikidata
RepresentanteLight Cone (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0580017 Allocine: 32948 Allmovie: p102542 TCM: 129965 TV.com: people/william-cameron-menzie
WikiTree: Menzies-876 Find a Grave: 8056038 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Menzies naceu en Connecticut, fillo dos emigrantes escoceses Charles A. e Helen. Estudou nas universidades de Yale e Edimburgo e tras servir no exército estadounidense na primeira guerra mundial asistiu á Art Students League of New York.

Menzies uniuse á Famous Players-Lasky, que logo evolucionou na Paramount Pictures, traballando en efectos especiais e deseño. En 1929, co produtor Joseph M. Schenck creou unha serie de curtametraxes sonoras, incluíndo unha versión de dez minutos de The Sorcerer's Apprentice, de Paul Lukas. O seu traballo en The Adventures of Tom Sawyer (1938) levou o produtor David O. Selznick a contratalo para Foise co vento (1939).[1] Menzies foi o director da secuencia do incendio de Atlanta e remontou a secuencia onírica de Salvador Dalí no filme Spellbound (1945), de Alfred Hitchcock.[2]

Ademais do seu traballo como director artístico, dirixiu filmes dramáticos e fantásticos, entre eles Things to Come, baseado na obra de H.G. Wells, e Invaders from Mars.

Menzies finou de cancro pouco despois de rematar o seu traballo como produtor asociado de A volta ao mundo en oitenta días (1956).

Filmografía editar

Director artístico editar

Director editar

Notas editar

  1. Memo from David O. Selznick, seleccionado e editado por Rudy Behlmer, The Viking Press, 1972, p.156.
  2. Dalí, Surrealism and cinema de Elliott H. King, Kamera Books, 2007, p.85-86.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar