Wikipedia:Votacións para borrar/Glosario de doenzas comúns
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Borrado do artigo Glosario de doenzas comúns
Período de votación: 29-03-2009 - 08-04-2009
SI: 8 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: borrado |
- Borrar
- Borrar Título incorrecto segundo o comentado na páxina de conversa; Artigo innecesario e pouco obxectivo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:00, 16 marzo 2009 (UTC)
- Borrar O artigo é pouco coherente, polos motivos que apunta Lameiro na páxina de conversa. --Iago 09:18, 16 marzo 2009 (UTC)
- Borrar, naturalmente^. Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 20 marzo 2009 (UTC)
- Borrar Alberte Si, dígame? 19:45, 20 marzo 2009 (UTC)
- Borrar polo que entendo do dito por Lameiro (que concorda cos informes que me deron por outra banda) o artigo ainda que se lle troque o tilulo por "glosario de doenzas" e que se corrixan algunhas supostas doenzas non ten asentamento de clasificación. ElviraConversa comigo 13:51, 21 marzo 2009 (UTC)
- Borrar --☣Banjo tell me 07:40, 24 marzo 2009 (UTC)
- Borrar. Polas razóns expostas por Lameiro na conversa da páxina. --Prevertgl 16:35, 24 marzo 2009 (UTC)
- Borrar. --Toliño Fala aquí comigo 11:09, 29 marzo 2009 (UTC)
- Manter
- Comentarios
- Comentario Pola palabra comúns que non da criterio rigoroso para saber o que cabe no artigo, concordo para borrar. Pero haique pensalo ben antés de borrar o trabllo feito, por si se pode aproveitar : retirando esa palabra de comúns, penso que este tipo de artigos é bóo para unha enciclopedia : en:Lists of diseases, pt:Anexo:Lista de doenças, fr:Liste de maladies etc. ? ElviraConversa comigo 10:32, 19 marzo 2009 (UTC)
- Comentario. Non se trata só do desafortunado calificativo de “comúns”, o problema é maior. Velaí varios exemplos de problemas que vexo nesta listaxe: temos denominacións de enfermidades xunto a denominacións de síntomas e síndromes (que non son enfermidades); por exemplo: diarrea, que é síntoma común a moi diversas enfermidades; outro: atrofia, que tampouco é enfermidade propia senón unha lesión que se pode dar en distintas enfermidades. Temos zoonose, que non é enfermidade ningunha senón que expresa algo que se transmite de animais ó home (como a rabia ou a tularemia). Temos denominacións xenéricas (meninxite, hepatite, artrite) xunto a denominacións específicas (meninxite bacteriana, hepatite alcohólica -¿será cirrose?-, artrite reumatoide). Temos Corea (que enlaza co país) e Doenza de Huntington, que non é outra cousa que Corea de Huntington. Temos cancro e neoplasia como cousas diferentes. Temos, logo, denominacións que, a primeira vista, sóanme incorrectas pero non é o momento de confirmar: como tal, Eritematoso de Lupus, cando a denominación é Lupus eritematoso; ou peste bubónica xunto a praga bubónica. Arranxar todas estas incoherencias, e máis que aparecerían nunha lectura máis coidadosa, é un traballo negro e que necesita un especialista. Eu, que coñezo algo de enfermidades (animais e, por extensión, humanas), non me atrevería a facelo. Non me parece argumento o feito de que estas listaxes existan noutras wikipedias, a inglesa ten tantos exemplos do que NON é enciclopedico. Eu valoro a nosa e a conveniencia ou necesidade desta nosa lista, e existindo as categorías (categoría: Doenzas) non lle vexo a necesidade, como non sexa no sentido de relación de enfermidades que nos faltan por desenvolver. Por todo iso, insisto, o artigo debería desaparecer. Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 20 marzo 2009 (UTC)
- Comentario So é a miña opinión, pero un as funcions de glosario xa as realizan as categorías, máis ou menos. Quero dicir, un glosario de cousas relacionadas por un tema é basicamente unha categoría, se miramos en Categoría:Doenzas temos un glosario ahi (claro está que neste sistema só aparecen as que teñen artigo creado). Unha lista (do que seña) sí é máis útil, sempre e cando ademáis de ter unha colección de nomes engada datos a cada elemento da lista (por exemplo Lista de países por densidade de poboación) --☣Banjo tell me 07:40, 24 marzo 2009 (UTC)
- Comentario breve. Si queremos conservar esta listaxe, na miña opinión tamén penso que deberíamos poñernos dacordo co verdadeiro siñificado das duas palabras: doenza ou enfermidade, penso que eiqui estaría unha solución a este caso ... Non? Pedro User:Lameiro ten probablemente razón coas súas explicacions eu non podo discutirlle xa que os meus coñecimentos nesta materia son mínimos--Basilio 11:43, 28 marzo 2009 (UTC)
- Sen saber o que poida comentarnos Lameiro que ten coñocementos cientificos, eu votei para o borrado porque o artigo ten problema de asentamento, polo que entendín. Hai problema no que seria un lixtaxe de enfermidades ou doenzas, pero tamén hai problema para asentar os contornos do que seria un glosario ou lexico das doenzas ou enfermidades, é decir que seria parcial, definir cales serian os termos aceptables e os termos a rexeitar e polo tanto seria un glosario subxectivo. Queda, de xeito non formaizado en concepto, a posibilidade para o lector de ter a función de glosario, tal como o di Banjo na Categoría:Doenzas. Non sei si esplico bén o razoamento que me levou a estar a favor do borrado ?ElviraConversa comigo 12:40, 28 marzo 2009 (UTC)
- Non acabo de ter clara a finalidade das "listas" e dos "glosarios", nin a súa utilidade para a Galipedia. Quizais debería ser este un tema a debater e, para empezar, cumpriría delimitar claramente o ámbito das listas (temático, cronolóxico, xeográfico). Os problemas que lle vexo a este "Glosario de doenzas" son comúns a outras que estiven vendo, como a Lista completa de obras de BD que logo resulta que redirecciona a Lista das principais obras de BD: nótese a contradición entre "lista completa" e "lista das principais" (¿completa?, obviamente imposible; ¿principais? ¿e quen di cales son principais e cales non?). Xa discutimos aquí as listas de escritores e outras, e podiamos estendemo a lista de arquitectos, lista dos presidentes de Filipinas ou dos presidentes de Finlandia (indispensables, desde logo, para a Galipedia). Pero bueno, volvamos á lista de doenzas comúns. Acabo de atopar un novo dato ó meu favor: chámanse "enfermidades raras" as que afectan a menos de 1 persoa por 5.000 habitantes (outros dan 2.000), e resulta que hai entre 5.000 e 7.000. Se hai tantas "raras" ¿cantas haberá "non raras"? A nosa lista sempre será, por moitas que incluamos, necesariamente incompleta. E xa non digo nada se incluímos tamén as doenzas animais (que tamén son doenzas, ¿non?). Vamos, que case estou por propor o borrado simultáneo de todas -ou case- as "listas". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:21, 28 marzo 2009 (UTC)
- Sen saber o que poida comentarnos Lameiro que ten coñocementos cientificos, eu votei para o borrado porque o artigo ten problema de asentamento, polo que entendín. Hai problema no que seria un lixtaxe de enfermidades ou doenzas, pero tamén hai problema para asentar os contornos do que seria un glosario ou lexico das doenzas ou enfermidades, é decir que seria parcial, definir cales serian os termos aceptables e os termos a rexeitar e polo tanto seria un glosario subxectivo. Queda, de xeito non formaizado en concepto, a posibilidade para o lector de ter a función de glosario, tal como o di Banjo na Categoría:Doenzas. Non sei si esplico bén o razoamento que me levou a estar a favor do borrado ?ElviraConversa comigo 12:40, 28 marzo 2009 (UTC)