Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Evita as autorreferencias
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Votación da política Wikipedia:Evita as autorreferencias
Período de votación: 9/10/2015 - 8/11/2015
SI: 8 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobada |
O propósito desta votación é facer oficial como política a proposta Wikipedia:Evita as autorreferencias, que contén unha serie de indicacións de como tratar as referencias á Wikipedia dentro da propia Wikipedia. A proposta está adaptada das políticas correspondentes na wiki es: e en: tal e como se inidica na páxina de conversa.
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 8 de outubro de 2015 ás 22:16 (UTC)[responder]
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 8 de outubro de 2015 ás 23:34 (UTC)[responder]
- Concordo --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2015 ás 01:25 (UTC)[responder]
- Concordo e agradezo aos que traballaron nela. --. HombreDHojalata.conversa 9 de outubro de 2015 ás 18:32 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 10 de outubro de 2015 ás 09:56 (UTC)[responder]
- Concordo --Norrin (Fálame) 14 de outubro de 2015 ás 06:58 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 23 de outubro de 2015 ás 11:20 (UTC)[responder]
- Concordo.--Chairego apc (conversa) 2 de novembro de 2015 ás 13:54 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo.--Nemigo A "norma" é confusa e irrelevante. 9 de outubro de 2015 ás 00:44 (UTC, en Arteixo)
- Neutros
- Non válidos
{[Concordo}}.--XustoRguez (conversa) 10 de outubro de 2015 ás 15:30 (UTC)→ Inda non ten dereito a voto[responder]
Comentarios
editar- Pregunta: a Nemigo: Poderías elaborar porqué consideras a norma confusa e irrelevante? Grazas. ☣Banjo tell me 8 de outubro de 2015 ás 22:53 (UTC)[responder]
- Un exemplo ca normativa aínda non aprobada:
- O código QR permite convertir unha ligazon URL como a da Wikipedia nun código bidimensional. Redacción non aconsellada segundo a "nova" normativa
- O código QR permite convertir unha ligazón URL como a da Coca-Cola nun código bidimensional.
- Pódesnos ti explicar por que a primeira frase "limita o uso do contido libre da Wikipedia en posibles obras derivadas" (sic) (ao citar a Wikipedia) e a segunda non ten problema (citando Coca-Cola, marca tamén rexistrada)? Nemigo 9 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC, en Arteixo)
- O código QR permite convertir unha ligazon URL como a da Wikipedia nun código bidimensional. -> Sería mellor dicir O código QR permite convertir unha ligazon URL nun código bidimensional.. Supoñendo que te refiras ao artigo código QR.
- por que a primeira frase "limita o uso do contido libre da Wikipedia en posibles obras derivadas" -> Porque nunha obra derivada non ten sentido mencionar á wikipedia no texto propio dun artigo, só coma fonte de datos ou referencia. Non é unha limitación legal. ☣Banjo tell me 9 de outubro de 2015 ás 09:45 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ wikipedia no texto propio dun artigo, só coma fonte de datos ou referencia. Non é unha limitación legal
===Referencias á propia Wikipedia=== - Este artigo da Wikipedia trata sobre... — A seguinte definición da Wikipedia... — Editar esta páxina...
En xeral, as referencias que indican que o artigo está a ser visto na Wikipedia, ou as referencias a políticas e cuestións técnicas propias do uso da Wikipedia deben evitarse na medida do posible. Este tipo de autorreferencias limitan o uso do contido libre da Wikipedia en posibles obras derivadas, tal e como permite a licenza da Wikipedia.
As mencións á comunidade da Wikipedia ou características da propia web da Wikipedia poden resultar confusas para os lectores de obras derivadas. Agás que sexa unha parte importante do propio tema do artigo, debe limitarse o uso de indicacións sobre o feito de que a páxina pode ser editada, ou incluír mencións a páxinas ou procesos internos da Wikipedia.
Esa "salvedade" non está explicada ben na norma que se está a votar. Entendín eu: que non se poña Wikipedia por ningures. Cando o pon por todas partes. Reitero: voto negativo. A "normativa" non é tal, non serve para nada é confusa e irrelevante Nemigo 9 de outubro de 2015 ás 12:17 (UTC, en Arteixo)
- que non se poña Wikipedia por ningures. -> Non é "por ningures". Non se debe poñer no corpo do texto do artigo agás en casos moi concretos. Eu creo que está ben explicado e os comentarios aquí e na conversa aclaran bastante ben as dúbidas que plantexaches. Así a todo, segues sendo libre de manter esa opinión. ☣Banjo tell me 9 de outubro de 2015 ás 10:29 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Non é a miña opinión, e se está ben explicado non o digo eu. Aquí vótase, e o meu voto é negativo polos motivos explicados máis enriba. Calquera confusión cunha norma innecesaría será aclarada por quen a votou a favor. Nemigo 9 de outubro de 2015 ás 11:09 (UTC)[responder]
- Para iso estamos, para aclarar as posibles dúbidas e confusións que poidan surxir. :) Só unha puntualización, aquí vótase, si, pero non só iso. As opinións e comentarios sempre hai que telas en conta. ☣Banjo tell me 9 de outubro de 2015 ás 11:23 (UTC)[responder]
- Cando se risque o voto dun usuario é conveniente explicarlle un pouco o que pasa na súa páxina de conversa. Xa aviso eu a Xusto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2015 ás 07:52 (UTC)[responder]