Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Criterios de notoriedade
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Proposta da política Wikipedia:Criterios de notoriedade
Período de votación: 4/12/2015 - 3/1/2016
SI: 4 — NON: 3 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: rexeitada |
Proposta adaptada inicialmente dende a correspondente na wiki en español por Elisardojm. É unha guía de criterios a seguir para axudar a determinar a notoriedade ou relevancia dun artigo segundo as fontes dispoñibles para o mesmo, que sen ser resolutiva en si mesma, axuda no proceso de revisión e debate para chegar a este tipo de decisións. ☣Banjo tell me 4 de decembro de 2015 ás 12:22 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 4 de decembro de 2015 ás 12:22 (UTC)[responder]
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 12:47 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 18:14 (UTC)[responder]
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 5 de decembro de 2015 ás 11:54 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Ver comentario.--Piquito (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 23:09 (UTC)[responder]
- Discordo.--Castelao (conversa) 16 de decembro de 2015 ás 12:22 (UTC)[responder]
- Discordo. --Agremon(contacto) 28 de decembro de 2015 ás 19:03 (UTC)[responder]
- Neutros
Comentarios
editar- Non creo que ninguén poida determinar se un artigo é relevante ou non. A Wikipedia aspira a conter todo o saber humano e esta política choca con iso. Eu normalmente non participo nas votacións para borrar artigos, de feito os únicos que lembro que propuxen non eran por relevancia, eran por conflito de intereses, e tan só unha vez (que recorde) votei un artigo como irrelevante (mal por min). O criterio de notoriedade é un aspecto subxectivo, para min Frescobaldi pode ser fundamental e para a maioría da comunidade non selo (non digo que sexa así), mais non por iso é irrelevante. Creo que ninguén está capacitado para decidir que artigos valen e cales non, e considero que nos procesos de borrado deberían expoñerse casos nos que os problemas non foran a relevancia do artigo, isto é, que se presenten casos de autopromoción. Temos moitos artigos de xornais locais galegos que son diminutos, o mesmo pasa con políticos... deberiamos borrar eses artigos tamén? Pensemos: se eses artigos en lugar de ser de xornais ou políticos galegos foran de xornais e políticos de Uganda que pasaría con eles? Con isto non digo que haxa que borrar eses artigos, só que se debe empregar o mesmo criterio. Para min hai un exemplo moi claro: cando se propuxo o borrado de Lory Money empregouse o criterio de irrelevancia enciclopédica (se non lembro mal), cando Lory é máis coñecido que moitos grupos galegos que temos na Galipedia, por que eses grupos si e LM non? Creo que non se deben empregar criterios subxectivos, e este é un criterio subxectivo. --Piquito (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 23:09 (UTC)[responder]
- O tamaño dun artigo non ten nada que ver coa relevancia ou non do tema tratado nese artigo.
- "O criterio de notoriedade é un aspecto subxectivo":
Se un tema recibiu unha cobertura significativa de fontes fiables que sexan independentes da materia, considérase que é relevante
- "Temos moitos artigos de xornais locais galegos que son diminutos, o mesmo pasa con políticos... deberiamos borrar eses artigos tamén?":
A relevancia enciclopédica de cada artigo debe defenderse per se e non pola menor relevancia doutros temas existentes en Wikipedia
- "cando se propuxo o borrado de Lory Money [...]" (Wikipedia:Votacións para borrar/Lory Money):
Para defender a relevancia dun artigo, debes convencer ós demais con referencias
- ☣Banjo tell me 5 de decembro de 2015 ás 11:11 (UTC)[responder]
- Lin a política. Dende o meu punto de vista vai en contra do obxectivo de conter todo o saber humano, e considero que ninguén nesta (ou noutra) Wikipedia está capacitado para decidir que vale e que non vale para unha enciclopedia. Por todo isto e porque realmente a relevancia dun tema é algo subxectivo (a relevancia non a determinan os medios, que ao cabo obedecen a certos intereses, nin o número de publicacións. Se tiveramos iso en conta, cando naceu Wikipedia en 2003 o artigo de Carlos López García-Picos seguramente tería que ser borrado por irrelevante cando dende logo non o é), voto en contra. Síntoo, pero é o que penso. --Piquito (conversa) 5 de decembro de 2015 ás 20:33 (UTC)[responder]
- Pero hai que ter en conta que isto é unha enciclopedia, non todo o coñecemento humano ten cabida na Wikipedia, ten cabida todo o coñecemento humano que sexa relevante, é dicir, que conte coas referencias axeitadas. E as referencias non se atopan unicamente nos medios de comunicación, para a maioría de artigos a mellores referencias son os libros que tratan sobre eles, como pasa con Carlos López. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2015 ás 01:30 (UTC)[responder]
- E quen decide que ten cabida en Wikipedia? Que é relevante? Que son referencias axeitadas? Todo iso é subxectivo, eu entendo que se borre un artigo sen referencias, un artigo que sexa susceptible de ser autopromoción... mais eses son criterios obxectivos. Claro que hai máis fontes que os medios de comunicación, pero ás veces estas son os únicas. Saúdos, --Piquito (conversa) 6 de decembro de 2015 ás 21:01 (UTC)[responder]
- Piquito, se hai dúbidas sobre a relevancia dun artigo, e este ten referencias de Wikipedia:Fontes fiables, entón, tal e como se di na política, o que ten que decidir a relevancia ou non do artigo é a comunidade, mediante un proceso de solicitude de borrado. Creo que é a mellor forma de decisión, xa que non pode depender esta escolla nin do usuario que crea o artigo, nin do que dubida da súa relevancia nin doutro usuario concreto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2015 ás 21:42 (UTC)[responder]
- Elisardojm, creo que xa argumentei abondo o meu voto, máis do que se fai moitas veces nas votacións. Non quero repetir máis os mesmos argumentos, a política sairá aprobada a pesar do meu punto vermello, non sei por que logo tanto empeño en querer que mude o meu voto. Entendo que vos o vexades clarísimo a favor, pero eu o vexo clarísimo en contra, que se lle vai facer. Un saúdo, --Piquito (conversa) 6 de decembro de 2015 ás 21:59 (UTC)[responder]
- Porque cantos máis esteamos de acordo quererá dicir que é boa para máis xente, pero se non pode ser, non pode ser. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2015 ás 22:34 (UTC)[responder]

Sen entrar a fondo no tema, léndoo por enriba, teño que discordar. Non co espírito de poñer portas aos artigos con ánimo "vandálico", ou aos "non referenciados" dabondo, senón coa posibilidade de que un criterio subxectivo poida decidir qué é importante e qué non o é, qué ten calidade e qué non. Na miña opinión, algo escrito con ánimo enciclopédico e que transmita coñecementos certos é por si suficiente para figurar nesta wiki. Outra cousa é que ao artigo lle poida fallar a redacción, a cantidade de contido exposto, a sintaxe, a gramática, a referenciación, o estilo... Pero, para isto xa hai outras regras/criterios/armas no manual e non é preciso engadir un de "notoriedade" que lévanos polo perigoso sendeiro da intransixencia. Cando menos eu, non me considero autorizado para censurar algo por non ser notorio--Castelao (conversa) 16 de decembro de 2015 ás 12:22 (UTC)[responder]
Non ía participar na votación, pero ó final, decidínme. Se collemos as definicións de enciclopedia, "que encerra coñecementos de todas as ramas do saber humano ou dunha ciencia ou arte en particular. (Dic. RAG), en que se expone el conjunto de los conocimientos humanos o de los referentes a una ciencia, por artículos separados, dispuestos alfabéticamente. (es.wikt), orgánico de todos los conocimientos. ((RAE), etc, coido que a consideración de relevancia debe ser deixada ó uso, e nunca como xeito de exclusión, senón diso mesmo, de 'relevancia'. Iso, mellor que aumentar unha serie de normas que tamén son interpretables pero que convertiría unha entrada en rexeitable. --Agremon(contacto) 28 de decembro de 2015 ás 19:03 (UTC)[responder]